Manuel Roberto Mariño Fernández


Pseudónimo:Roberto Verino
Categoría: Deseñador
Data de Nacemento: 1945
Lugar de Nacemento: Verín (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Tras estudiar en París crea en 1982, a súa primeira colección de Pret-à-Porter feminino e un ano máis tarde abre a súa primeira tenda na capital francesa. -Dende 1984, participa nas diferentes edicións da Pasarela Cibeles. -En 1987 comeza a súa colaboración con El Corte Inglés e en 1989 consolida a súa presencia no mercado xaponés. -Durante o ano 1990, recibe varios premios como "T de Triunfador" e "Baileys". -En 1992, abre a súa primeira tenda en Madrid, e outorgáselle a "Agulla de Ouro", máximo galardón que anualmente se concede ó mellor creador internacional. -Lanza a súa primeira fragrancia feminina: Verino. -En 1994, recibe de novo a "T de Telva" na súa condición de mellor deseñador español e en setembro recibe o premio á mellor colección presentada en Cibeles. -En 1995, sae ó mercado a súa segunda fragrancia: Eau de Verino. -Presenta a súa primeira colección Roberto Verino home e Verino vaqueiros en 1997. -En 1999, subscribe un acordo de colaboración con "Perfumes e Deseño" para o desenvolvemento e lanzamento de novas fragrancias, así como para o posicionamento internacional das liñas existentes. -Relanza a súa expansión internacional coa apertura da súa primeira tenda en Portugal (Porto). Case completando o seu desexo de posuír unha rede comercial propia, que conta con máis de 40 centros, Roberto Verino iniciou coa súa tenda de Lisboa a súa definitiva expansión internacional. -En 1997 convértese na primeira empresa española de moda que obtén o certificado de calidade ISO 9001, froito do seu esforzo pola mellora continua, constante no seu traballo. -Comparte con Picasso a frase: "la inspiración es muy importante... pero conviene que cuando llegue, te coja trabajando..."