Mario Outeiro Iglesias


Categoría: Profesor e político
Data de Nacemento: 20 de novembro de 1978
Lugar de Nacemento: Guimarás, O Corgo (Lugo)
 Currículum

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Química Industrial (titulación na que obtivo o 2º premio Fin de carreira do Ministerio de Educación e o Premio de fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia) e Enxeñaría Química, ambas as dúas na USC.

É Profesor de Ensino Secundario (especialidade de Tecnoloxía) con praza no CPI de Cervantes (Os Ancares), onde exerceu a xefatura de departamento dende o 2004 ata o 2011 e a xefatura de estudos dende o ano 2005 ata o 2011. Obtivo o primeiro Premio á Innovación Educativa 2007, convocado pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (conxuntamente con outros 3 profesores).

Foi presidente da Asociación Terras de Lugo (entidade xestora dos fondos LEADER 2007-2013 na comarca de Lugo) dende o 2008 (ano fundacional) ata o 2010 e foi membro da Xunta Directiva de varias entidades culturais (A.C. Arumes do Corgo e Centro de Estudos do Corgo), deportivas (Club de Atletismo Arumes-Área 10) e educativas (Asociación Educativa Tecnogalicia).

Dentro do BNG exerceu as seguintes responsabilidades:

Membro do Consello Nacional do BNG.

Responsábel Comarcal de Lugo-Centro.

Membro da Executiva e do Consello Comarcal de Lugo-Centro.

Responsábel local do Corgo.

Exerce de portavoz do grupo do BNG tanto no concello do Corgo como na Deputación Provincial de Lugo (ambas as dúas dende xuño de 2011), dirixindo a área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico do ente provincial. Tamén é presidente do Padroado da UNED de Lugo, presidente da Fundación Campus da cal depende a Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo e é membro da Comisión provincial de Patrimonio.

 Obras realizadas

Obras colectivas:

Terras de Chamoso. Libro recompilatorio dos traballos gañadores do certame literario Terras de Chamoso. IV, V e VI edición (2010-2012), A.C. Arumes do Corgo. I.S.B.N.: 978-84-694-1450-7. Páxinas: 196.

Terras de Chamoso. Libro recompilatorio dos traballos gañadores do certame literario Terras de Chamoso. I, II e III edición (2007-2009), A.C. Arumes do Corgo. I.S.B.N.: 978-84-694-1450-7. Páxinas: 218.

O asegurador de OVNIS e catro contos máis, Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2007, Xunta de Galicia. I.S.B.N.: 978-84-453-4551-1. Páxinas: 68.

I Olimpíada Tecnolóxica: a Tecnoloxía no camiño, publicado no Portal Galego de Contidos Educativos http://centros.edu.xunta.es/contidos.

Creación de actividades didácticas intercentros de tecnoloxía, publicado polo CFR de Lugo na revista dixital (distribuida en CD a todos os centros da provincia) “Abeiro Dixital nº 2” con ISSN: 1887-6919.

2007 Inventario de nubes e catro contos máis, Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2006, Xunta de Galicia. I.S.B.N.: 84-453-4365-3. Páxinas: 92.

2004 Xaquín Lorenzo e a área de tecnoloxía na ESO, Cadernos para o ensino (Nº 41), Xunta de Galicia. I.S.B.N.: 84-453-3774-2. Páxinas: 111.

 

Revistas científicas:

“Recollida do patrimonio inmaterial no Corgo: unha materia pendente”. Corga. 2011, nº 2, 82-95.

“Estudo das sepulturas antropoides altomedievais”. Corga. 2010, nº 1, 12-25.

 

É colaborador semanal do diario El Progreso.

 Outros datos de interese

Obtivo os seguintes premios literarios:

Accésit no “XXIII Premio Ourense de Contos para a Mocidade”, organizado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense no 2007, pola obra A chave dos soños.

Segundo Premio de narrativa no “Certame pictórico-literario Día das Letras Galegas” na categoría de adultos, organizado polo Concello de Becerreá no 2006, pola obra A Marquesa do Pampillal.

Accésit no “XXII Premio Ourense de Contos para a Mocidade”, organizado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense no 2006, pola obra Mathematica.

Segundo Premio de relato no “14º Certame literario “A Pipa” da alta montaña luguesa” na categoría de maiores, organizado pola Asociación Cultural “A Pipa” de Becerreá no 2005, pola obra O ladrón de nenas.

Segundo Premio no “Concurso de cartas de amor 2004” organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Lugo, pola obra Fermosa Avelaiña.

Primeiro Premio do “Certame literario de relato curto da Escola Oficial de Idiomas de Lugo” no 2003, pola obra Chove no val do Mazandán.

 

Está casado e ten dous fillos.

Competencias lingüísticas: Galego: C2 (CELGA 5). Inglés: B1. Portugués: A2.