Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid.
Foi profesor de Redacción Xornalística da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade Rey Juan Carlos, e na actualidade imparte clases de Xornalismo Político na Universidade San Pablo CEU.
Iniciou a súa traxectoria profesional nos diarios Informaciones, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Posteriormente, foi redactor-xefe en Ferrol Diario, fundador do diario deportivo Deporte Campeón e tamén un dos fundadores do diario dixital Xornal.com
Levou a cabo proxectos de modernización en varias publicacións galegas, e en 1983 pasou ás ondas da man de Antena 3 de Radio, chegando a ser director rexional desta emisora. En TVG realizou e presentou un programa, baixo o título de Fronte a fronte, en 1990, e colabora habitualmente con este medio. Coa chegada das televisións privadas, en 1995 foi nomeado director de Antena 3 TV en Galicia, dirixindo o primeiro informativo rexional da cadea. Foi director de La Voz de Galicia entre 2000 e 2006, ó tempo que participaba en tertulias de programas como Herrera en la Onda, Ruedo ibérico, 59 segundos ou Protagonistas.
En xaneiro de 2009 foi nomeado director editorial de Medios Rexionais do grupo Vocento, pasando a dirixir o diario ABC dende setembro de 2010.
Actualmente é contertulio nos programas de radio “Herrera en Cope” de Carlos Herrera e “La linterna” de Juan Pablo Colmenarejo, na Cadena Cope; “Es la mañana” de Federico Jiménez Losantos, en Es Radio; “Las mañanas de RNE” de Alfredo Menéndez, en RNE. En televisión colabora como contertulio en “Los desayunos” de TVE e “El cascabel” en 13 TV.
Ó longo da súa traxectoria profesional, recibiu numerosos recoñecementos, entre os que destacan: Premio Galicia de Xornalismo, na sección de radio (1989) e na sección de prensa escrita (2002); Coruñés del año (1990); Mellor xornalista de A Coruña, pola Universidade da Coruña (1995); Antena de Oro (1998); Premio ABC Cultural & Ámbito Cultural (2011); Premio Nipho á Traxectoria Profesional, pola Universidade Antonio de Nebrija (2016) e Premio Diego Bernal (2018).