FP II na Escola de Hostelaría de Compostela 1990-1996.
Hesperia Finisterre *****. A Coruña: ata a actualidade como xefe de cociña dun cadro de entre 16 a 19 persoas, realizando gran cantidade de eventos e diversos servizos típicos dun hotel (servizos de carta, buffet, cócteles, etc...).
En febreiro de 2007 estivo no Restaurante Sant Celoni de 2 estrelas Michelín.
Gran Hotel la Toja *****. Decembro de 2005.
Hesperia Ferrol. Ferrol, desde marzo ata novembro de 2005.
Restaurante San Nicolás (Santiago de Compostela) de xuño de 2004 a marzo de 2005, como copropietario do restaurante e exercendo como xefe de cociña ao cargo de 9 persoas. Con servizos de carta de 70 comensais con cociña tradicional e de autor.
Hotel Pazo de Adrán**** (Calo, Teo), de febreiro de 2003 a maio de 2004, como xefe de cociña ao cargo. Aquí realízase unha cociña nova e atractiva ao cliente, combinando bos produtos, coidada elaboración e unha esmerada presentación.
Hotel Puerta Del Camino***** Santiago, de maio a febreiro de 2003. Traballou como cociñeiro pasando por todas as partidas, facendo máis fincapé na partida de peixes e exercendo ao final como xefe de partida.
Restaurante Pazo Villariza (Pastoriza, Arteixo), de xaneiro de 1998 a maio de 2002. Traballou como cociñeiro, levando a partida de Entremetier os dous primeiros anos e a partida de peixes o resto do tempo na empresa.
Mesón O´Quijote (Sigueiro), de febreiro a decembro de 1997. Levou a cociña, prancha e grela, entre outras cousas.
Club de Golf a Zapateira, de xuño 1996 a xaneiro de 1997. Traballou como cociñeiro, pasando por todas as partidas e quedou ao mando da mesma con dúas persoas ao seu cargo.
Restaurante Panaché (A Coruña), abril e maio de 1996.
Catering club de Golf (A Coruña), de xuño a outubro de 1995, como axudante de cociña no complexo de golf da Zapateira.
Restaurante Labarada (Ordes), de xuño a xaneiro de 1995. Traballou como axudante de cociña os fins de semana e os seus ratos libres.