É enxeñeiro técnico agrícola. Foi xefe de Extensión Agraria e é funcionario do Corpo Técnico Superior da Xunta de Galicia. É concelleiro, tenente de alcalde e delegado de Promoción Económica do Concello de Verín. Foi conselleiro de Agricultura na pasada lexislatura, cargo que tivo que abandonar como consecuencia do mal das "vacas tolas".