Catedrático de Universidade (Área de Dereito Romano), licenciado e doutor en Dereito, co número 1 do premio extraordinario pola Universidade de Santiago. Vicedecano da Facultade de Dereito de Santiago (1983-86), secretario xeral da Universidade de Santiago (1986-1989), vicepresidente do Claustro Universitario da Universidade de Santiago (1984-86), vicepresidente do Claustro Universitario Constituínte da Universidade de Vigo (1990-94), asesor xurídico da Universidade de Vigo (1990-93), decano da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo (1990-2000). Director da revista "Lingua e Dereito" da Universidade de Vigo. Membro do consello rector da EGAP -Escola Galega de Administración Pública- (1990-96). Membro da Societé D'historie Jean Bodin (Bruxelas, 1986),da Societé International des Droits de la Antiguité (Bruxelas, 1981), da Asociación Española para o Estudio do Dereito Romano (Madrid, 1984), e da Asociación Internacional de Estudios Galegos (Oxford, 1996).
Publicou preto de cen obras.
Premio Nacional Fin de Carreira ó mellor expediente académico. Membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (desde 1986) e da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación (desde 1999). Vicepresidente do Tribunal Arbitral de Galicia (desde 1994). Premio Lois Peña Novo (1998) pola súa contribución á normalización lingüística no campo do Dereito. Premio Manuel Colmeiro de investigación da Xunta de Galicia (1998). Presidente do IV Congreso Iberoamericano de Dereito Romano (1998). Profesor visitante das Universidades de Leeds (Reino Unido), París XII e Le Mans (Francia), Lateranense de Roma (Italia), Trier (Alemaña), Bergen (Noruega), Interamericana (Porto Rico) e El Salvador e Católica (Arxentina).