Ticiana Ghiglione Darriba


Categoría: Artista plástica multidisciplinar
Data de Nacemento: 22 de abril de 1982
Lugar de Nacemento: Bos Aires (Arxentina)
 Currículum

Vive en Galicia desde 1992.
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Realizou o Curso de Aptitude Pedagóxica e actualmente está realizando un Master en animación e ilustración na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, á par que imparte cursos de arte no seu estudio en Pontevedra.
Filla de nai artista e pai artesán, desde moi pequena sentiuse atraída pola arte, participando en numerosas actividades relacionadas coa creación.
Neta de galegos por parte de nai, vive en Galicia desde os 10 anos de idade.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS E PREMIOS:
-2010: Coordinación xeral do proxecto ÁgoraLibros (Pontevedra).
-2009: Exposición colectiva “París-Monte Pego”, organizada pola galería Fivars (Alacante).
-2009: Animacións e creación de personaxes, Xornadas Pedagóxicas, Museo Provincial (Lugo).
-2008: Performance “Libro Vivo”, Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela).
-2008: Exposición colectiva no Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas, Facultade de Ciencias da Comunicación, Universidade de Bos Aires (Arxentina).
-2008: Seleccionada para a exposición das "Balconadas" de Betanzos.
-2008: Realiza diversos artigos para a revista virtual “Foeminas”, da casa da Muller do Concello de Lugo.
-2007: Exposición “Tras as pegadas de Delos” na Asociación Cultural de Hipercor (Santiago de Compostela).
-2007: Expón na sala de exposicións do Hotel Araguaney (Santiago de Compostela).
-2007: Expón no Centro Sociocultural de Coruxo (Pontevedra).
-2006: 2º premio no IV Certame de Pintura Lucus Augusti.
-2005: Seleccionada no Certame de Carteis contra a Violencia de Xénero, Asociación Rio Monachil de Huétor Vega (Granada).
-2004: Accésit no Certame de Pintura ó aire libre da cidade de Lugo.
-2003: Participa cunha ilustración no libro “Cento Sete Marés”, con cento sete artistas de todo o mundo pola catástrofe do afundimento do Prestige.
-2003/04: Colabora en diferentes proxectos da Galería Esmelgar (Lugo).
-2002: Performance “Tecedoiras de Soños” dentro do proxecto Sherezade, Museo Provincial (Lugo).
-2002: Ilustración no Libro “Insectario Iberoamericano” editado por Alianza Hispánica de Madrid.
-2002: Exposición no Museo das Ciencias de Madrid.
-2001: Performance, “Noite dos tolos”, Pub Clavicémbalo (Lugo).
-2001: Exposición na Feira Lugo-Stock, Pazo de Feiras e Exposicións (Lugo).
-2001: Exposición “Superarte” na Galería de Arte Nova Rúa (Lugo).
-2000: 1º Premio de Pintura para mozos no II Certame dos Premios Nelson Zumel.
-2000: Colabora na realización do Proxecto Cumulum, Muralla de Libros (Lugo).
-2000: Exposición “Viento Norte” na “Casa da Xuventude”, Santiago de Compostela.
1999- 2º premio no Certame de Pintura para menores de 30 anos organizado pola Xunta de Galicia (A Coruña).
-1999: Exposición no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (Lugo).
-1999: 2º Premio da categoría do XIII Certame Galego de Artes plásticas, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia.
-1999: Exposición “Alumnos del taller de Arte” de Luz Darriba (Lugo).
-1999: Exposición de pintura organizada pola Asociación de Empresarios da Milagrosa (Lugo).
-1997: 1ª Mención de Honor do Concurs de Cartells Centenari 4 Gats (Barcelona).
-1997: 1º Premio, Certame de Pintura organizado polo Museo Provincial de Lugo.
-1996: 1º Premio, Certame de Escultura, Feira do Libro, Día Das Letras Galegas (Lugo).
-1995: 1º Premio, Certame de Pintura e Contos Trapero Pardo, Concello de Lugo.
-1995: 3º Premio de Pintura “Día Internacional dos Museos”, Museo Provincial (Lugo).
-1992: 1º Premio da categoría A do Concurso de Modelado na Celebración da Semana Bibliográfica Lucense, organizada pola Feira do Libro de Lugo.
-1992: 3º Premio do I Concurso de Pintura e Contos, organizado polo Museo Provincial de Lugo.
-1991: 1º premio de Pintura, Cooperativa Hogar Obrero, Bs. As. (Arxentina).
-1989: 1º Premio de Pintura, “Asoziazione Unnione e Benevolenza”, Bs. As. (Arxentina).
-1988: 1º premio da categoría de arte infantil organizado por Edicións Palas Atenea, Bos Aires (Arxentina).
-1988: 1º premio da categoría do Concurso de Manchas organizado pola Comisión de Asociados do Banco Credicoop, Bos Aires (Arxentina).
-1988: 1º premio da categoría 6 e 7 anos do 5º Concurso Aspirinetas de Arte Infantil, organizado por Bayer (Arxentina).
-1986: Cuarta Mención da Primeira Categoría do Concurso Infantil de pintura Renault, Bos Aires (Arxentina).
-1985: 1º premio no Concurso de Manchas organizado polo Instituto Ward, Bos Aires (Arxentina).