É licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC, posúe o Celga 5 e trabalou en diversos centros de Santiago como profesora de lingua e literatura, onde reside dende o ano 2000.
Tamén comisionou exposicións literarias no pazo de Fonseca, en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura da universidade.
Vén de dirixir un Curso de Escritura Creativa e compaxina o labor docente coa produción literaria, a publicación de artigos en revistas como a de Filoloxía Románica da Universidade Complutense de Madrid e a participación en recitais poéticos, así como en multitude de certames.
Co seu primeiro poemario 'As feridas dun amor efémero', publicado coa Editorial Alvarellos, gañou no ano 2022, o Certame Literario de Vilalba (Lugo).
Isto deulle a oportunidade de asistir a distintas presentacións, e mesmo á Feira do Libro da Coruña para asinar exemplares.