De pequeno era un apaixoado do proxector que podía ver no seu colexio, Calvo Sotelo. Ós 19 anos entrou a traballar nos Multicines Equitativa, onde comezou como acomodador. Pouco a pouco foi aprendendo a manexar os proxectores da man do encargado e do proxeccionista Benjamin Jartín López.
Traballou en tódolos cines da empresa Vigo Cines, en A Coruña, Cine Riazor, Cine Avenida e Chaplin.
Cando se abriron os cines Filmax pasou a traballar na súa cabina. Ós dous anos cambiou o traballo en cabina polo cine ó aire libre, montando cines de verán en Ib Cinema.