Simón Rodríguez


Categoría: Arquitecto
Data de Nacemento: En 1679 (†En xaneiro de 1752)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Obras realizadas

O seu primeiro traballo como mestre foron as obras da Igrexa de San Félix de Solovio, finalizadas en 1718. O seu primeiro gran traballo data de 1718, cando, por orden do Marqués de Lozoya, dirixiu en Santiago as obras dun cuartel no barrio da Cerca. En 1719 trazou a planta da Igrexa de Santa María de Dodro en Padrón (A Coruña). Ese mesmo ano realizou a fachada da Portería do convento de Santa Clara (Santiago), que é un dos seus traballos máis importantes. En 1721 deu as trazas para o retablo da Capela da Confraría da Concepción da catedral de Santiago. Outra obra súa de gran importancia foi a igrexa de san Francisco, para a que deu as trazas en 1748. Entre 1729 e 1737 traballou no convento Mercedario de Santa María de Conxo (Santiago). Entre as obras civís que realizou, destaca o edificio da Capitanía Xeral e Real Audiencia do Reino de Galicia, na Cidade Vella da Coruña, que empezaron en 1748. En 1777 os xesuítas encargáronlle o retablo maior da igrexa da compañía de Santiago e uns anos máis tarde o da de San Luis Gonzaga e o da de San Francisco de Borja no mesmo templo.