Sonia Méndez


Categoría: Directora e actriz
Data de Nacemento: 14 de agosto de 1980
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)

Web Sonia Méndez
 Currículum

Ten unha formación multidisciplinar no campo do teatro e o audiovisual. Realizou principalmente estudos de interpretación en diversas escolas como Espacio Aberto en Santiago de Compostela, Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona ou o Posgrao en Interpretación e Arte Dramática da Universidade de Santiago de Compostela.

Desde o mundo da interpretación, a súa inquedanza lévao a instruirse noutros ámbitos. No Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya en Barcelona seguiu cursos de Guión e Dirección de Actores. Na Escola Internacional de Cine e TV de Cuba estudou Construción Dramática e na Escola de Imaxe e Son da Coruña formouse como Realizadora de Espectáculos e Audiovisuais. Ademais, actualmente traballa como docente na escola de interpretación Espacio Aberto (Compostela) onde imparte o curso anual para actores de “Interpretación delante de la cámara”.

Como actriz, Sonia Méndez deuse a coñecer en Galicia no ano 2001 coa serie “Terras de Miranda” á que logo seguiron outras series como “Os Atlánticos” producida por Filmanova e Continental e emitida tamén na TVG. Durante este teempo participou en longametraxes como “Rafael” de Xavier Bermúdez, “Unha muller Invisible” de Gerardo Herrero e “Por mi y por todos mis compañeros” de Judas Diz ou “El Sexo de los Ángeles” de Xavier Villaverde, pelicula pola que foi nominada a mellor actriz secundaria nos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, 2013.

Como directora realizou diversas curtametraxes: “Perversa Lola”, “Leo y Mario (se dejan)”, “As Damas Negras” e “Conversa cunha muller morta”.

É creadora, guionista e actriz da serie online Angélica y Roberta, xunto con Sandra Lesta.

 

2007. Taller “La Construcción Dramática”. Escola Internacional de Cine e TV. Cuba.

2006-­07. Realización de Espectáculos e Audiovisuales. EIS. A Coruña.

2005. III Curso de Interpretación. Espacio Aberto. Carlos Neira. Posgrao en Interpretación e Arte Dramática. Universidade de Santiago de Compostela. USC.

2001-­03. Master e III Curso en Interpretación. Centre de Estudis Cinematográfics de Catalunya (CECC). Barcelona.

Curso de Guión. Eugenia Klever. CECC. Barcelona.

Curso de Dirección de Actores. Gustavo Fontán. CECC. Barcelona.

2004-­05. Formación Actoral Regular. Carlos Neira. Espacio Aberto. Compostela.

Curso Regular de Técnica Vocal. Cristina Domínguez. Espacio Aberto. Compostela.

1999-­01. Preparación Física para o Actor. Especializado. Carlos Neira. Espacio Aberto. Compostela.

 Obras realizadas

DIRECCIÓN

2012. “Conversa cunha muller morta”. Curtametraxe.

2011. “As damas negras”. Curtametraxe.

2010. “Leo y Mario (se dejan)”. Curtametraxe.

2008. “Perversa Lola”. Curtametraxe.

 

ACTRIZ

2011- 12. “Angélica y Roberta”. Serie web. Creación, guión e interpretación (nominada aos premios Mestre Mateo do audiovisual galego).

 

CINE

2011. “El sexo de los ángeles”. Longametraxe de Xavier Villaverde.

2010. “Años después”. Longametraxe de Laura Gardos.

2007. “Rafael”. Longametraxe de Xavier Bermúdez.

2007. “Una mujer invisible”. Longametraxe de Gerardo Herrero.

2005. “Por mí y por todos mis compañeros”. Longametraxe de Judas Diz.

 

TELEVISIÓN

2012. “Os Bolechas especial Carnaval”. Programa de TV. Presentadora. Para TVG.

2009. “Horizonte 2”. Piloto de serie de televisión. Filmanova para TVG.

2007-­09. “Os Atlánticos”. Serie de televisión. Filmanova para TVG.

2005. “Pataghorubi”. TV-movie de Antón Dobao.

2005. “Rías Baixas”. Serie de televisión para TVG.

2001-­04. “Terras de Miranda”. Serie de televisión para TVG.

2003. “La Rosa de Alejandría”. TV-movie de Rafael Monleón.

 

CURTAMETRAXES

2005. “Princesa”. Videocreación de Marguerita Morello.

2010. “Negro Café”. Curtametraxe, Escola de Imaxe e Son, Vigo.

2002. “Sec.13”. Curtametraxe, Pedro Deltell.

2002. Curtametraxes en diversos formatos para a ESCAC.

2002. “Roberto Zucco”. Curtametraxe David Linares.

 

TEATRO

2010. “Aquí no llama ni dios”. Teatro musical.

2009. “Esperando a Godot”. NUT. Teatro. Dirixido por Carlos Neira.

2007. “Locos de Amor”. Espacio Aberto. Dirixido por Carlos Neira.

2007. VI Festa do Circo. Sala Nasa.

2006. “Virxes, Western Relixioso”. Cabaret.

2005. “Matando Horas”. Creación propia en base a textos de Rodrigo García. Sala Galán.

2004. V Festa do Circo. Sala Nasa, Compostela.

2002. “El Velo”. Dirixida por Eugenia Klever. Barcelona.

2002. “Por Fascículos”. Cabaret de creación propia.

2000. “Para Vos, Reina”. Espacio Aberto.

1999-­00. “Sintoo/Desamanecendo”. Ápeiron Teatro. Dirixidas por Carlos Lousada.

 Outros datos de interese

Como docente, imparte o curso anual de 'Interpretación delante de la Cámara' na escola de actores Espazo Aberto, Compostela.