Xosé Luis Regueira


Categoría: Filólogo
Data de Nacemento: En 1958
Lugar de Nacemento: Goiriz (Vilalba)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Despois de estar dous anos como lector de español na Universidade de Colonia (Alemaña), volveu á Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor titular do departamento de Filoloxía Galega. Actualmente é o director do Departamento de Filoloxía Galega da USC.

En marzo de 2011 foi designado membro da Real Academia Galega.

 Obras realizadas

Publicou diferentes traballos sobre lingüística galega, especialmente sobre fonética, historiografía e sociolingüística, entre eles “Gramática galega” (en colaboración, Vigo, 1986), “Guía bibliográfica de lingüística galega” (Vigo, 1996) e “Os sons da lingua” (Vigo, 1998), así como diferentes artigos en revistas especializadas e en libros colectivos.

 Outros datos de interese

Desde 1981 é investigador do Instituto da Lingua Galega. Tamén é membro correspondente da Real Academia Galega, e coordina a revista “Cadernos de Lingua”, publicada por esta institución, desde a súa fundación en 1990.