Serafín Rodríguez Trashorras


Pseudónimo:Sera
Categoría: Fotógrafo
Data de Nacemento: 9 de abril de 1970
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Polo que respecta á súa experiencia laboral e profesional, impartiu un curso de iniciación á fotografía e revelado en branco e negro (1993), foi cámara ENG en Televisión Lugo (outubro 1994 e abril 1995 - xullo 1995), gravou o vídeo ‘As Paisaxes da Montaña’ da Produtora de Video Ophiusa, S.L. (1996), impartiu un curso de iniciación á fotografía, organizado polo departamento de Xuventude de FSP-UGT de Lugo (de 10 a 15 de marzo de 1997), operador de vídeo de reportaxes sociais para outros fotógrafos profesionais de Lugo (desde 1992 ata a actualidade), grabou os partidos da Final da Copa da Raíña de baloncesto feminino organizado polo club Ensino de Lugo (decembro 1997), foi fotógrafo para a Federación Galega de deportes aéreos, con fins didácticos (febreiro 1998), impartiu un curso de Iniciación á fotografía no Instituto de Bacharelato Santiago Basanta Silva de Vilalba (de 31 de xaneiro a 21 de marzo de 1998), realizou un traballo fotográfico en diapositivas para a ‘Fundación RACE’ de España para o congreso ‘El nacimiento del automóvil’ (decembro de 1999), foi colaborador e locutor de radio en Cadena 100 Lugo (de novembro de 1997 a xullo 2000), cámara no control de tomas de precisión no Campionato de España de Voo a motor de Lleida (maio 2002), cámara no control de tomas de precisión na XX edición da Volta Aérea a Galaico Duriense (xullo 2002), ponente no seminario sobre ‘Docencia y didáctica en fotografía’, Agrupación Fotográfica de Sestao, Bilbao (outubro 2002), realizou fotografías para a S.D. San Lázaro na elaboración do seu mapa-folleto ‘La Muralla de Lugo’ e fundou, xunto con outros profesores e afeccionados á fotografía, a Asociación Fotográfica ‘Posición B’ na Coruña (febreiro 2003), realizou fotografías para o CD Lugo Ciudad Viva, editado por Brabander Digital, traballou como freelance de varias empresas de publicidade, fotógrafo para o Diario ‘Terra Cha. Xa’ durante once números, fotógrafo e encargado de retoque fotográfico para unha web dedicada ós submarinos chamada ‘Websubmarinos’, na actualidade www.websubmarinos.tk e Spotter Naval no sitio web: www.fotosdebarcos.com. Tempada 2005-2006 fotógrafo oficial do equipo Barceleuro-Puebla (División de honra). 2006. Fotógrafo oficial nos desfiles de moda: Pasarela na Rúa (setembro). Pasarela Lucus Augusti 2006. (novembro). Director de fotografía da curtametraxe “El Portal” (Lugo). Responsable de foto fixa da curtametraxe “El Portal” (Lugo). Foto fixa da curtametraxe “El escritor de destinos” (A Coruña). 2007. Foto do cartel da curtametraxe “La locura de Dios”. Foto fixa da curtametraxe “La locura de Dios”. 2008. Profesor de fotografía para o Instituto de formación e Estudios Sociais. Comisario da exposición Lugo e as Motos, centro comercial As Termas, organizado polo Concello de Lugo. De setembro de 2008 a outubro de 2009 traballou como fotógrafo e redactor para a revista especializada no mundo da moto 'MásMoto'. Do 6 de febreiro ao 5 de abril de 2008 imparte un curso de fotografía para o Instituto de Formación e Estudos Sociais. Do 6 de febreiro ao 9 de maio de 2009 imparte un curso de fotografía para o Instituto de Formación e Estudos Sociais. Do 26 de novembro ao 23 de decembro de 2009 imparte un curso de iniciación ao deseño gráfico e á fotografía publicitaria para o Instituto de Formación e Estudos. Do 13 de marzo ao 6 de maio de 2010 imparte un curso de fotografía para o Instituto de Formación e Estudos Sociais.

Do 30 de abril ao 11 de xuño de 2011 imparte un curso de fotografía para o Instituto de fotografía para o Instituto de Formación e Estudos Sociais.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS: 1996: Pub La Tabla de Flandes (Lugo) e Pub Onda Media (Lugo). 1999: Pub La Tabla de Flandes (Lugo). 2001: Casa da Cultura de Vilalba. 2002: Pub Ianus (Lugo). 2002, 2003 e 2004: Exposición en varios centros comarcais de toda Galicia: Monforte, Poboa de Tribes, Bergantiños, Ordes, Carballiño e A Cañiza. 2005: Centro comarcal da Mariña (Vivero) e Rincón Coruña Arte (A Coruña). 2006: Novimex, S.L. (Lugo). Centro Comarcal de Rivadavia (Ourense). 2007: Centro Comarcal "A Ulloa" ca foto fixa da curtametraxe "El Portal". Casa da Cultura de Monforte de Lemos ca foto fixa da curtametraxe "El Portal". Centro Comarcal A Paradanta (Pontevedra) foto fixa da curtametraxe "El Portal". Centro Comarcal de Tabeirós (A Estrada) Pontevedra. Mesón do Forno (Lugo). 2008: Maio Centro comercial AS Termas (Exposición Lugo e as Motos). Exposición na Torre de Vilanova, Celanova (Ourense). Exposición no Centro Comarcal de Ordes (A Coruña). Exposición na Cafetería Egomundi (Lugo). As súas fotos foron publicadas no concurso FotoSaab 2000 no catálogo xeral de tódalas obras premiadas en Madrid no ano 2000, na portada da revista do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo números 16 e 17 correspondentes ó 1º e 2º trimestre do ano 2001, no Boletín informativo do Instituto de Estudos Chairegos decembro de 2003, ano II nº 2, artigo relativo ás ‘Torres de Arneiro’, en varios artigos do Diario ‘Terra Cha.Xa’, na revista 'Imagen y Comunicación', sección “se buscan artistas”, na galería de fotos no Diario ‘El Norte de Castilla’, edición de Zamora páx. 6 do suplemento dedicado ó 1º Concurso fotográfico Pueblos de Zamora (2005), e na Revista de tirada nacional Digital Camera, en sección-concurso “Desafio del lector”. A foto finalista no "Mirada e Luz" do ano 2009 foi publicada no calendario de Caixa Galicia do ano 2010. 2008. Artigo "As Torres de Arneiro" en Faro de Vigo (19/05/08). Dende outubro é fotógrafo e redactor da revista "Masmoto". Publicou numerosos artigos sobre submarinos: "U47", "Otto el Silencioso-U 99", "Misterio en el U 65", "Relato corto sobre U-boats "Lejos", "Submarino Zeeleeuw, "Información sobre submarinos, Los submarinos en las revistas, "Visita al Puerto de La Coruña submarino alemán U-16" e "Reportaje submarino Ruso U-480-Foxtrot Tipo 641". Fotos nos seguintes sites: www.latabladeflandes.com www.websubmarinos.tk www.fotosdebarcos.com www.losbarcosdeeugenio.com Fotos permanentes: Doazón ó Museo López Mella de dúas fotos da súa vida deportiva como motociclista (15 de xullo de 1997), fotografía na cafetería ‘Trivial’ (Lugo), fotografía no portal dunha comunidade de veciños de Lugo e dúas fotografías no Departamento de Deportes da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Autoescola AVECUS, fotografía de grandes dimensións da Praza de Santo Domingo (Lugo).

 Outros datos de interese

Foi finalista na III Edición FotoSaab (maio 2000), terceiro clasificado no ‘II Certame de Fotografía do Nadal Cidade de Lugo 2002’, 2º clasificado no ‘II Maratón Fotográfico Nadal Lucense’, organizado polo Museo Provincial de Lugo (xaneiro 2004), gañador do concurso de fotografía da ‘XV Festa da Faba’ de Lourenzá, Lugo na modalidade tema libre (outubro 2005) e 2º clasificado no concurso fotográfico ‘Verano 2005’ da web: www.ociolugo.com. En 2008, foi finalista no Concurso fotográfico 'Mirada e Luz', de Caixa Galicia. En xaneiro de 2009 o Museo de radioaficionados CB, de San Roque (Cádiz) premia o traballo da Asociación Pórtico da Gloria, pola súa preocupación e traballo encaminado á conservación das Torres de Arneiro. Foi finalista do concurso de Caixa Galicia "Mirada e Luz" no ano 2009.

En 2011 foi segundo clasificado no concurso fotográfico do Arde Lucus 2011, organizado pola Asociación de Recreación Histórica Caetra Lucensium.