Xoanxo


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 2 de xaneiro de 1970
Lugar de Nacemento: Cee (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Viviu no Reino Unido (Londres e Manchester) dende 1988 ata 2001, ano no que se trasladou a Holanda, onde reside actualmente. Completou a serie de cadros “The Abuelo Series” e traballou nun proxecto baseado nos desastres ecolóxicos na Costa da Morte (O Prestige, os incendios e as inundacións).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS SELECCIONADAS: 1996: Normans Ganton Street (Londres, W1). 1997: West Park Museum, Prestbury Road (Macclesfield), The John Jones Art Centre Gallery, Stroud Green Road (Londres), Instituto Cervantes Manchester, Deansgate (Manchester) e Bolivar Hall, Grafton Way (Londres). 1999: The Canning House Gallery, Belgrave Square (Londres). 2000: I.M.O Arts Society, Albert Embankment (Londres). 2001: Portico Gallery, Mosley Street (Manchester). EXPOSICIÓNS COLECTIVAS SELECCIONADAS: 1995: Exposición Grupo Iberia/Teneo, Círculo de Bellas Artes (Madrid). 1996: ‘Recollementos’, Escola das Nenas, Cee (A Coruña) e ‘Retornos’, Auditorio Municipal de Corcubión (A Coruña). 1997: ‘Red for Positive’, exposición do Grupo FORMAT, West Park Museum (Macclesfield). 1999: ‘New Paintings’, The Howard Francis Gallery Stockport.