Senén Bernárdez Álvarez


Categoría: Farmacéutico e político
Data de Nacemento: 24 de maio de 1930 († 22 de xaneiro de 2013)
Lugar de Nacemento: Gomesende (Ourense)
 Currículum

Foi licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas e en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1955 estableceuse con Oficina de Farmacia en Padrenda (Ourense), en 1957 ingresou no Corpo de Farmacéuticos Titulares, e en 1958 trasladouse a Ourense.

Formou parte do primeiro Parlamento galego ó ser elixido deputado en 1981 e en 1983 foi nomeado Senador en representación da Comunidade Autónoma Galega. En 1986 foi elixido deputado por Ourense polo partido Coalición Galega, do que foi presidente, sendo o primeiro deputado nacionalista despois de 50 anos.

 Obras realizadas

Publicou as súas intervencións parlamentarias en dous tomos.

 Outros datos de interese

Foi elixido presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense en 1968, cargo no que permaneceu ata 1981. Durante esa época foi membro do pleno do Consello Xeral do Colexio de Farmacéuticos de España. Foi galardoado co Morteiro de Ouro e coa medalla de prata do Consello Xeral Farmacéutico. Posúe a insignia de brillantes do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense. Foi presidente da Sociedade Deportiva Club Santo Domingo e presidente do Padroado do Colexio Universitario de Ourense.