Realiza estudios musicais con Jeannette Romero, María Luisa Nache, Rogelio Groba, Carlos López-García, Edith Picht-Axenfeld e Noemí Novara. A súa actividade musical abrangue diversos campos: musicoloxía, interpretación, composición, docencia e edición. A súa actividade musicolóxica ten sido realizada principalmente sobre compositores galegos como Marcial del Adalid, Marcial de Torres Adalid, José Baldomir, Andrés Gaos, Gregorio Baudot ou Sixto Pérez. Como pianista formou dúo entre outros con Antón de Santiago (Barítono) e Victor Gil (Violoncello). En 1997 crea a editorial de música "Viso", que leva publicados ata o momento 45 títulos de: Luis de Mison, Santiago de Murcia, Almeida Mota, Gaspar Smith, Beethoven, Bach, Adalid, Torres Adalid, Francisco Piñeiro, Canuto Berea, Chane Eduardo Rodríguez-Losada, Daniel Quintas, Paulino Pereiro, Juan Durán E.M. Soto.
Obras Propias: En-Re-Do (Piano), Nilal (Cuarteto de Cordas) Diversas Cancións. Publicacións Principais: Cantares Viejos y Nuevos de Galicia, Melodies pour chant et piano de Marcial del Adalid. Contribucións no Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana e en Die Musik in Geschichte und Gegenwart. Como pianista ten actuado en Galicia, Madrid, Portugal e Inglaterra.
Membro da "Sociedade de Musicología", da "Asociación camerística Española", "Asociación Galega de Compositores", "International Society for Music Education" Profesora de Solfexo e Teoría da Música e Pianista Acompañante.