Cesáreo Sánchez Iglesias


Categoría: Arquitecto técnico e poeta
Data de Nacemento: En 1951
Lugar de Nacemento: Dadín – Irixo (Ourense)
 Currículum

Realiza estudios de Arquitectura Técnica e Socioloxía na Universidade de Madrid, onde participa con estudiantes e profesionais na fundación da agrupación cultural “Lostrego”, da que foi presidente. Participa na formación do movemento cultural, sendo cofundador da agrupación cultural “Avantar” do Carballiño e presidente da agrupación cultural “Alexandre Bóveda” da Coruña. Asesorou ó movemento veciñal na recuperación da nosa memoria histórica. Foi presidente do semanario A Nosa Terra e director de Edicións A Nosa Terra, sendo na actualidade presidente da Fundación A Nosa Terra e membro da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1989 gañou o XX Premio Esquío de Poesía da Sociedade Valle-Inclán de Ferrol co libro O Rumor do Distante e foi finalista do Premio de Poesía Leliadoura co libro A Árvore das sete palabras, que foi seleccionado para o Premio Nacional de Literatura do estado español. Traballa na Oficina Técnica de Arquitectura da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia.

 Obras realizadas

OBRA POÉTICA:
Silencios e conversas de inverno, Ed. Celta, Lugo (1978), Antonte das salamántigas, Edicións do Castro, Sada – A Coruña (1980), O cántico da fonte, Edicións do Castro, Sada – A Coruña (1982), Ortigas da memoria, Edicións do Castro, Sada – A Coruña (1985), Mar do fin da terra, Vía Láctea, A Coruña (1987), A árvore das sete palavras, Sotelo Blanco, Santiago de Compostela (1989), Do olvido o río, Colección Esquío de poesía, Ferrol (1993), O rostro da terra, Bahía Edicións, A Coruña (1996), A escrita do silencio. Antoloxía persoal, Colección Esquío de poesía, Ferrol (1997), Evadne, Espiral Maior Poesía, A Coruña (1999), O rumor do distante, Colección Esquío de poesía, Ferrol (2001) e Variacións Nube, A Nosa Terra, Vigo (2004).