-Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, xuño de 1969 en dúas especialidades: Arquitecto Especialista en Urbanismo e Arquitecto Especialista en Restauración de Monumentos.-Doutor Arquitecto Especialista en Restauración de Monumentos.-Doutor Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid 1980 coa Tese Doutoral "Planeamiento Urbanístico y Soleamiento en España. Aplicación al País Gallego". -Catedrático numerario de Universidade, primeiro pola Universidade Politécnica de Valencia e actualmente da Universidade da Coruña. -Cargos desempeñados: Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde a súa creación (Curso 1975-76) ata abril de 1986.-Director do Departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas desde a súa creación na Universidade de Santiago ata a actualidade, en que pertence á Universidade da Coruña. -Coordinador do Distrito Universitario Galego para o ensino de Debuxo Técnico do Curso de Orientación Universitaria das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. Presidente da Comisión Executiva do Título Universitario de Especialización en Deseño de Interiores da Universidade da Coruña. Membro de 1989 a 1995 do Consello Rector da E.A.A.E. (European Association for Architectural Education), con sede en Bruxelas.
Escribiu, entre outras obras, os seguintes libros: Las Catedrales de Galicia. Descripción gráfica, La Arquitectura del Camino de Santiago. Descripción gráfica del Camino Francés en Galicia e Monasterios de Galicia. Descripción Gráfica de los monasterios declarados Monumento Nacional (En prensa).Obras de Arquitectura destacadas: -Edificio Torre Costa Rica, A Coruña, 1975.-Edificio para a Radio Galega, Santiago, 1990.-Pavillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla de 1992.Director e Organizador de Programas de Doutoramento en varias cidades de España e de Iberoamérica.Conferencias en Europa, Estados Unidos e Iberoamérica e relator e organizador de congresos internacionais en España e varios países europeos.