Luis Pimentel


Categoría: Médico, escritor
Data de Nacemento: 18 de decembro de 1895 (†13 de febreiro de 1958)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Luis Benigno Vázquez Fernández, estudia Medicina en Santiago de Compostela, licénciase en 1922 e realiza o doutorado en Madrid. Aquí vive na Residencia de Estudiantes e entra en contacto coa xeración anterior á guerra civil.

 Obras realizadas

En vida só publicou algúns poemas na revista Ronsel e outras revistas da época e un libriño de poemas titulado Triscos (1950). O resto da súa producción sería publicado postumamente. En 1959, un ano despois da súa morte, aparece Sombra do aire na herba, que recolle case tódolos seus textos galegos. En 1960 publicouse Barco sin luces, versión castelá dun poemario que se ía publicar en 1936 e que se perdeu nun saqueo á editorial Nós. En 1981 aparece publicado o poemario Cunetas, no que reflicte os horrores da guerra civil. A poética de Pimentel é froito dunha lenta maduración e a asimilación de moitas influencias: Rosalía, Bécquer, Rubén Darío, etc. O seu mundo está constituído por seres e obxectos que invitan á intimidade: nenos, hospitais, ríos, a lúa, o medo, a chuvia..., todos tratados cunha gran sensibilidade impregnada de dor e sufrimento. Os seus versos son sinxelos e prescinde de toda rima e estrofa. Basease na xustaposición de imaxes e no uso dunha linguaxe coloquial.

 Outros datos de interese

Dedícaselle o Día das Letras Galegas no ano 1990.