É licenciado en Arte Dramático e mestre. Foi fundador, actor e director do grupo de teatro independente "Tespis", actor da "Escola Dramática Galega" e "Teatro Circo". Actualmente é director da Escola de Teatro "Casahamlet" xunto con Manuel Lourenzo. Foi profesor de Arte Dramático e de diversos cursos monográficos sobre a voz, a interpretación e a didáctica teatral. Traballou tamén como actor de dobraxe de cine e televisión, actor de cine (Dáme lume, A lei da fronteira, O lapis do carpinteiro), actor de televisión (Mareas Vivas e Galicia Express). Colaborou en Antena 3 Galicia, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego. É colaborador da Orquestra Sinfónica de Galicia nos seus concertos didácticos.
Entre as obras que publicou, podemos destacar: "Agromar" Lingua Galega (7 libros de didáctica da lingua) ANAYA, 1983; Comentarios de textos literarios, Adhela, Madrid, 1985; A voz do actor, Deputación da Coruña, 2001; A memoria das árbores, Kalandrada, 2000 e O gatiperio, Kalandraka, 2002.
Conseguiu o premio ó "mellor actor de teatro", Valladolid, 1997 e o premio literario "Cidade da Coruña" 1982 co ensaio Historia dunha montaxe teatral.