Jesús Vázquez Gallego


Categoría: Médico e escritor
Data de Nacemento: 21 outubro de 1940
Lugar de Nacemento: Sarria (Lugo)
Teléfono: 982220904
Fax: 982230806
 Currículum

É especialista en Rehabilitación pola Universidade Complutense de Madrid, especialista en Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica (Universidade de Santiago) e xefe do Servicio de Rehabilitación do Hospital Xeral de Lugo desde 1974. É académico da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e académico numerario da Academia de Medicina de Asturias e León. Foi médico da Vila Olímpica en Barcelona en 1992. Ex-director da Escola Universitaria de Enfermería de Lugo e presidente de AGAMEDE (Asociación Galega de Medicina Deportiva). É, así mesmo, director da revista "Masaje, técnicas manuales y terapias naturales". Foi médico en: La Paz (Madrid, Francisco Franco (Madrid) e Juan Canalejo (A Coruña).

 Obras realizadas

É autor de numerosos libros entre os que destacan: Rehabilitación funcional de la mano post-traumática, Tradiciones, mitos y creencias en la medicina popular de Galicia, Guía médica para el peregrino de la Ruta Jacobea, Cómo ponerse en forma, Corrección de pies planos, Liberación Miofascial, Manual de Rehabilitación en Geriatría, El Masaje Drenaje Linfático Manual, El Masaje Terapéutico y Deportivo, Nuevos Estiramientos Fáciles, Nuevo Quiromasaje Fácil, etc.