Lauro Olmo Gallego


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 9 de novembro de 1922 (†En 1994)
Lugar de Nacemento: O Barco de Valdeorras (Ourense)
 Currículum

Ós oito anos trasladouse a Madrid, marchando en plena Guerra Civil. Regresou en 1939, deixando os estudios e poñéndose a traballar nun taller de bicicletas. En 1945 regresou, por motivos de saúde, a Valdeorras e dous anos máis tarde volveu a Madrid. En 1973 diriu coa súa muller a Compañía Popular de Teatro Infantil, que puxo en escena a súa obra Los leones.

 Obras realizadas

En Madrid integrouse en grupos literarios como "Juglaría" e publicou en 1954 os seus primeiros libros, Cuno (contos) e Del aire (poemas). Dentro dos contos breves, publicou títulos como Doce cuentos y uno más, La peseta del hermano mayor, Kantichandra el hindú ou a antoloxía Golfos de bien (1968). Outras obras súas son Ayer. 27 de octubre (finalistas do premio Nadal 1958), El gran sapo (premio Elisanda de Montcada en 1964), La Camisa, La pechuga de la sardina (1963), La decoración (1965), El cuerpo (1966), English Spoken (1968), La niña y el pelele (1969), etc.

 Outros datos de interese

En 1961 obtivo o premio Valle-Inclán por La Camisa. O Ateneo de Madrid tributoulle unha homenaxe en 1975 e foi nomeado membro de mérito do Instituto de Estudios Valdeorreses (1979). En 1982, recibiu o premio da Real Academia Española.