Dentro dos distintos cargos que ocupou, podemos destacar: profesor mercantil, procurador dos tribunais, director do Banco de La Coruña e Banco de Bilbao, xefe de prensa do BBV, director territorial de Galicia e Asturias, presidente da Federación Galega de Hóckey e da de Tenis de Mesa, vicepresidente do Club de Regatas de Perillo (Oleiros, A Coruña), presidente de honra e presidente da Coral Polifónica "El Eco", gobernador do club de Leóns de España e presidente do da Coruña e vicepresidente de "Amigos da Coruña". Traballou en Radio Cadena Española, Radio Coruña-SER, La Voz de Galicia, El Mundo (Caracas), The Lion (EEUU) e actualmente traballa en El Ideal Gallego. Foi director da Axencia Galega de Noticias "Galicia Press", lugartenente da Orde de Cabaleiros de María Pita e membro da "Enxebre Orde da Vieira". Foi o fundador de "Líneas Aéreas de Galicia" (LAGASA) e ADELPHIA, presidente dos "Congresos de Magia y Brujería de Galicia" e tenente de alcalde do Concello da Coruña.
Como periodista, estivo de enviado especial en distintos eventos, entre os que destacan: os Xogos Olímpicos de México, Alemaña e Barcelona, os Campionatos do Mundo de Fútbol de México, Arxentina e España, os de Hóckey sobre Herba de Alemaña, os de Hóckey sobre Patíns de Chile e Arxentina. Tamén estivo na Feira Internacional de Nova Iorque, en convencións de Hong Kong e Mineapolis, no 2º aniversario de Disneyland (EEUU), no 25 aniversario da Irmandade Galega de Venezuela e no Centenario da Sociedade Española de Beneficencia en Porto Rico. Deu conferencias en: Bos Aires, Caracas, Panamá, Santo Domingo, Río de Xaneiro, Andorra, Portugal, Francia, Chile e Uruguai. É autor de La Magia Celta; Breves apuntes para una historia de San Mamed (Sada); El Ahorro Familiar; La Mágica Noche de San Juan; Camino de Santiago: Esoterismo y Mística; Astrología y Horóscopos; Mal de Amores: prevención y tratamiento; Marianismo en Galicia: Fe, Tradición, Esoterismo y Folclore, etc.
Deportista federado e coralista.Foi galardoado coas medallas e insignias de ouro das Federacións Españolas de Patinaxe, Hóckey, Petanca e Tenis de Mesa, así como de numerosos clubs e entidades. Recibiu a Medalla ó Mérito Deportivo en Hóckey e Tenis de Mesa, premios internacionais de atletismo, hóckey, judo e patinaxe.É representante e correspondente de varios centros galegos.