Mª Isabel González Rey


Data de Nacemento: 1961
Lugar de Nacemento: Ortigueira (A Coruña)
 Currículum

Nacida no concello de Ortigueira (parroquia de Cuiña - A Coruña), emigrou con 2 anos a Francia coa súa familia. Cursou nese país o seus estudos primarios e secundarios, e de volta a Galicia, licenciouse con Grao en Filoloxía Francesa na Universidade de Santiago de Compostela onde recibiu o Premio Fin de carrera no 1993. Ao ano seguinte, obtivo unha bolsa de prácticas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia para levar a cabo labores de investigacións en fraseoloxía galega no Centro de Investigacións en Humanidades Ramón Piñeiro. Pouco despois conseguiu praza como profesora agregada de Secundaria en xullo do 1995, sacando o número un na convocatoria de oposicións. Durante case 5 anos desempeñou as súas funcións docentes nos institutos de Cacheiras e de Cangas do Morrazo. Mentras tanto, doutorouse (en 1998) ca mención de Sobresaiente cum Laude pola tese titulada “Études systématique des expressions figées en français. Pour une théorie de la phraséologie”, coa que consegiu o Premio de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 2000 é profesora titular da Universidade compostelana, e no ano 2015 foi acreditada para optar ás prazas de catedrática.

Durante 10 anos (de 1996 ata a 2006) foi a vicepresidenta da Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG).

Entre as súas publicaciones figura a súa tesis, editada en Francia no 2002 baixo o título La Phraséologie du Français (Presses Universitaires Toulouse-le-Mirail), e que xa vai pola súa segunda edición. A súa liña principal de investigación céntranse actualmente no eido da fraseodidáctica, na que está a dirixir diversos proxectos a nivel autonómico e nacional, como, por exemplo, o proxecto FRASEOTEXT para a elaboración dun método fraseodidáctico do francês como língua estranxeira, que foi publicado no 2015 en DVD polo Servizo de Publicacións da USC e SERVIMAV. Conta, ademais, com máis de setenta publicacións entre libros, capítulos de libros e artículos en revistas de grande impacto. Entre os seus libros caben destacarse: La didactique du Français idiomatique (E.M.E, 2007) e a tradución ao castelán do dicionário de Vilmos Bárdosi, Dictionnaire Phraséologique thématique Français-Espagnol (Axac, 2012).

Forma parte do comité científico de varias revistas (Journal of Social Sciences) e é avaliadora de Language Awareness, Pragmalinguistique, Thélème, etc. Na actualidade é a directora da revista Cadernos de Fraseoloxía Galega. Imparte con regularidade conferencias como professora invitada de numerosas universidades europeas (París-Sorbonne, La Maison de L’homme de París, Brest, Arras, Grenoble, Bari, Craiova, Skopia, Murcia, Granada, etc.).

No apartado de xestión, destaca o desenvolvemento de altos cargos dentro da universidade como os de vicerreitora adxunta de Estudos de Grao e Posgrao da USC, polo que recibiu en 2014 a insignia de ouro da universidade compostelán, vicedacana e decana da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo na USC.

No eido social, foi patroa, pola cidade de Lugo, de Afundación Galicia Obra Social durante dous anos (2014-2016) e na actualidade ocupa o cargo de concelleira de Educación e Cultura no concello de Ortigueira.