Xa desde neno amosou a súa afección polo fútbol e foi en 1931 cando iniciou a súa carreira profesional xogando na segunda división de Redondela, onde empezou a coñecerse co nome de “Talladas”. Despois de pasar tres anos nese club, pasou a primeira división e posteriormente foi fichado polo Porriño Fútbol Club. Uns meses máis tarde foi fichado polo Unión Sporte Club de Vigo, que por aquel entón era un dos equipos máis importantes de Galicia, conseguindo en 1934 o campionato galego. En 1936 recibiu unha oferta do Galicia Fútbol Club e marchou para Brasil e un ano máis tarde fichou polo Flamengo de Río. En 1946 regresou definitivamente á súa terra natal, casando con Carmen Carreira Queimadiños dous anos máis tarde.