Roberto Carballo Cortiña


Data de Nacemento: En 1944
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É líder dun proxecto social de rexeneración social e innovación, Aldebarán Innovation. Dirixe o Máster en Innovación e Desenvolvemento do Coñecemento e tamén o de Recursos Humanos e Innovación, sendo profesor de Economía Aplicada na Universidade Complutense. Traballou durante moitos anos no sector privado empresarial.

 Obras realizadas

Publicou artigos e libros como “Innovando en la Empresa” (1999), “Experiencias en grupo e Innovación en la docencia universitaria” (2002), “En la Espiral de la Innovación” (2004) e “Innovación y Gestión del Conocimiento. Modelo, método, sistemas y herramientas” (2006).
É membro da rede DETE-ALC, para o desenvolvemento territorial e emprego de América Latina e o Caribe. Tamén foi promotor e presidente da Asociación para a Innovación e actualmente é presidente da Asociación Sicigia XXI.
Desenvolveu parte do seu esforzo experiencial no campo da innovación educativa, onde publicou varios artigos e está a punto de saír o libro “Metodologías y Experiencias de Innovación Educativa”, a partir das experiencias do GIF2007, que se convertirá en breve en Asociación para a Innovación Educativa.

 Outros datos de interese

Actualmente desenvolve un ambicioso proxecto de investigación sobre “mellores experiencias innovadoras” en empresas, proxectos, organizacións, institucións públicas, desenvolvemento territorial, local e social.
Páxina web: http://www.robertocarballo.com