Alberto Berguer Sández


Pseudónimo:Tito
Categoría: Médico
Data de Nacemento: 21 de novembro de 1944
Lugar de Nacemento: A Coruña
Teléfono: 915549144
Fax: 915544866
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

-Xefe do Servicio de Cirurxía Maxilofacial do Hospital Clínico de Madrid. -Profesor da Universidade Complutense de Madrid. -Ex-presidente da Sociedade Española de Cirurxía Maxilofacial. -Ex-presidente da Comisión Nacional de Cirurxía Maxilofacial. -Ex-presidente da Organización Médica Colexial. -Ex-presidente do Comité Permanente de Organizacións Médicas Europeas. -Ex-experto en formación médica da Unión Europea. -Ex-experto da Unión Europea de Médicos Especialistas en Cirurxía Maxilofacial. -Diplomado en Dirección de Hospitais. -Título de Xerente de Hospitais. -Ex-profesor da Escola de Xerencia Hospitalaria (Ministerio de Sanidade). -Especialista en Estomatoloxía, Cirurxía Maxilofacial e Cirurxía Plástica. -Doutor en Medicina e Cirurxía e Doutor Médico-Estomatólogo. -Diplomado en Dirección de Empresas (Centro Superior de Estudios Empresariais). -Director da Clínica Berguer.

 Obras realizadas

Impartiu 21 cursos especializados e foi como asistente a outros 54. Deu conferencias, comunicacións e fixo presentacións. Publicou máis de 150 traballos científicos, máis de 30 libros e 6 monografías. É membro numerario de once sociedades científicas, asesor científico da Fundación Kovacs, membro avaliador do Fondo de Investigacións Sanitarias da S. S., asesor de cinco revistas científicas ou profesionais e asesor sanitario do periódico Diario 16.

 Outros datos de interese

-Medalla de prata do Colexio de Médicos da Coruña. -Cabaleiro da Orde do Mosteiro de Yuste. -Colaborador dos periódicos La Voz de Galicia e Diario 16. -Dirixiu durante tres anos o espacio de Radio Voz "Cortar por lo sano". -É directivo da xuntanza "O Loxe Mareiro de Fontán.