Edmundo Varela Lema


Categoría: Enxeñeiro técnico industrial
Data de Nacemento: 30 de agosto de 1947
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Enxeñeiro técnico industrial, licenciado en Dereito, euro-enxeñeiro e xestor medioambiental (Environmental Systems Manager), desde 1995 ven asistindo como relator a diversas xornadas, cursos e congresos en materia de Medio Ambiente, Desenvolvemento Sostible e Prevención de Riscos Laborais.
Prestou os seus servizos como funcionario contratado nos Concellos de Arteixo, Oleiros e, actualmente en Culleredo, todos eles da área metropolitana da Coruña. Neste último ostenta a xefatura da Área de Medio Ambiente e Servizos. É, ademais, responsable de Calidade e Medio Ambiente e preside o Comité de Calidade e Medio Ambiente deste concello. Foi nomeado responsable de Prevención de Riscos Laborais en 1998 e director dos Traballos de Implementación do Sistema de Prevención de Riscos Laborais en 2003.
Desde 1992 desemprega o cargo de decano no Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR). Neste organismo ten ó seu cargo o relatorio da Comisión de Medio Ambiente. É, ademais, voceiro da Comisión de Medio Ambiente do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI), entidade creada en 1994 e cuxa presidencia inaugurou e exerceu durante o período 1994-1995. Ostentou de novo este cargo de presidente do CGETI durante os anos 2002-2003. Forma parte tamén da Mesa Nacional de Calidade, Medio Ambiente do Consello Xeral de Enxeñeiros Técnicos Industriais (COGITI).
Desde o ano 2000 ven prestando servizos de asesoramento en materia de Medio Ambiente para a FEGAMP.
En 2003 creou a Fundación Galicia Innova da que é presidente na actualidade.

 Obras realizadas

Algúns dos traballos máis importantes nos que ten participado son: Estudio de Benchmarking dos Parques Empresariais de EE.UU. (Ecoparques); o proxecto europeo ‘Desenvolvemento de Plans de Acción Local para o Emprego Sostible. PAL-E e AL21’ e o proxecto europeo EMASSER-RECITE II-Compra Verde.

 Outros datos de interese

Formou parte do comité organizador dos ‘Encontros de Desenvolvemento Local e emprego’ desenvolvido polo Concello de Culleredo e do comité organizador nas ‘Xornadas de Medio Ambiente Industrial en Galicia’.