Aurelio Miras Portugal


Categoría: Avogado e político
Data de Nacemento: En 1950
Lugar de Nacemento: O Carballiño (Ourense)
 Currículum

É avogado e exerceu profesionalmente no mundo do Dereito ata 1993. Aurelio Miras toma contacto coa política a través do seu posto de deputado provincial (1979-1987) e deputado autonómico polo PP (1981-1997). No Parlamento de Galicia foi presidente da Comisión de Agricultura e portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG na lexislatura 1981-1985, unha etapa na que tamén foi designado portavoz nas comisións de Agricultura, Gandería e Montes, Ordenación do Territorio, Obras Públicas e Vivenda, Industria, Comercio e Turismo e en Cultura. Tamén foi relator de diversos textos legais entre os que figuran a Lei de Normalización Lingüística, a de Símbolos de Galicia, Patrimonio da Comunidade Autónoma, Creación do IGVS, Montes Veciñais en Man Común e a Lei do Solo de Galicia. É membro do Comité Executivo do PPdeG, e entre 1993 e 1997 foi secretario de Área de Residentes no Exterior. En 1997 pasa a ocupa-la Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura desde onde accede á recentemente creada Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

 Outros datos de interese

Está casado e ten dúas fillas.