Ricardo Portela


Categoría: Gaiteiro e protésico dental
Data de Nacemento: 4 de novembro de 1920 (†24 de marzo de 1992)
Lugar de Nacemento: Viascón (Pontevedra)
 Currículum

Cando Ricardo tiña doce anos trasladouse coa súa familia a Vigo, onde desenvolveu a súa afección pola gaita e contou coas ensinanzas do mestre Xosé Oliveira Blanco. En 1939 foi chamado a filas e en 1942 roubáronlle a gaita. Dous anos máis tarde casou con Osita Laredo e tiveron unha filla. Ricardo Portela estivo trece anos sen tocar xa que a gaita roubada era difícil de equiparar en calidade con calquera outra. Posteriormente comprou dúas gaitas e unha delas feita por Xosé Seivane lembroulle a que lle roubaran. En 1955 emigrou a Venezuela, onde traballou no “Laboratorio Dental Estomatolóxico de Caracas” e fundou un grupo de gaitas. Catro anos despois regresou a España e estableceuse en Pontevedra, onde seguiu co seu traballo de protésico dental.