Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Arte Moderno e Contemporáneo (Promoción 1980-85) pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor no Colexio San Rosendo (Ferrol) no curso 1988-89 e profesor de ensino secundario no I.E.S. “Dionisio Gamallo Fierros” desde 1989 ata 2001. O 16 de abril de 2001 tomou posesión como xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Mariña Central, con capitalidade en Mondoñedo.
Foi concelleiro do Partido Popular, na oposición, no Concello de Ribadeo no período 1991-95, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Educación, Xuventude, Deportes e Servicios Sociais no Concello de Ribadeo desde 1995 ata 2003. Na actualidade ocupa o posto de secretario xeral do Partido Popular en Ribadeo.
É vicepresidente da Asociación de Amigos do Camiño Norte de Santiago.