Pasou boa parte da súa nenez no Pazo de Meirás xa que o seu avó era o mordomo dos Condes de Pardo Bazán, propietarios do devandito pazo. Insatisfeito coa situación política do país, Ricardo Conde trasládase a Bos Aires en 1873. En Arxentina traballou un tempo no comercio pero abandonouno para dedicarse ó xornalismo e ó ensino. Colaborou en xornais como La Opinión, El Gallego, El Eco de Galicia ou El Correo Español e foi mestre do Instituto Mercantil. Foi membro da Real Academia Galega.
Algúns dos traballos máis importantes de Ricardo Conde Salgado son Geografía marítima universal y particular de la República Argentina, Chile y Perú, Influencia del descubrimiento de América en el proceso de la civilización, Los Municipios en la América española... Escribiu, ademais, as poesías Judas, Un yankee traducido e Os porcos vencedores sobre a intervención norteamericana na Guerra de Cuba.