Carlos Durán Neira


Categoría: Biólogo e investigador
Lugar de Nacemento: Santiago
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1982). Foi secretario da Sociedade Galega de Historia Natural nos anos oitenta, fundador da Sociedade de Bioloxía Mariña da S. G. H. N., delegado de Bioloxía Mariña da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (1985) e fundador do Centro de Investigacións Submarinas (1987). Actualmente é director técnico do CIS. É instructor de mergullo da FEDAS-CMAS, técnico en Robótica Submarina, técnico en Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica Mariña e profesional en Consultoría Medioambiental.

 Obras realizadas

Fai foto e cine submarino. Entre as súas realizacións podemos destacar: Cartografía de algas y erizos de las costas gallegas, Mapa de usos del litoral de Galicia (SIG), Cartografía de caladeros de pesca del litoral gallego, Cartografía bentónica del litoral de la comunidad valenciana, Cartografía en detalle del litoral asturiano, SIG de la costa entre Sagunto y Castellón, Estudios de impacto ambiental en obras públicas del litoral, Estudios del impacto ambiental en obras portuarias, Proyectos de acuicultura y nuevos recursos naturales e Cartografía de la isla de Lanzarote 2000-2002 (SIG).

 Outros datos de interese

Entre outros organismos, pertence ó Laboratorio de Análise e Calidade Medioambiental, á Cámara hiperbárica "Galicia" e á escola de mergullo "O Galeón". Está traballando en proxectos I+D en tecnoloxía submarina.