Ramón Casanova Fernández


Categoría: Pintor, escultor e fotógrafo
Data de Nacemento: En 1974
Lugar de Nacemento: Monforte de Lemos (Lugo)

   Cultura
 Currículum

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Escultura (1998), conseguiu o diploma de Estudos Avanzados ó cursar o doutoramento 'Art i Pensament'. U.B. (2002). Actualmente reside en Barcelona, onde traballa desde o curso 2002-03 como profesor asociado na Facultade de Belas Artes Sant Jordi. Traballa como fotógrafo no ámbito audiovisual e editorial.

 Obras realizadas

Realizou edicións limitadas dos libros de fotografía 'Aire', 'Mirar al Sol' e 'Volar al Sur' e publicou, xunto con M. Antònia Ferrer, 'Bacus, dels ritus i dels rostres', na editorial Arola.

 Outros datos de interese

A súa obra foi merecente de numerosos premios (Injuve, Jovenes Creadores, La Naturaleza Habitada...) e exposta en salas de toda España (Sala Amadis, Espai Volart, Palcio Montemuzo...). Investiga na súa tese doutoral sobre a luz como xeradora de forma, e desenvolve o seu traballo artístico usando a fotografía como medio de achegamento constante á luz.
Expón algúns dos seus traballos na web www.ramoncasanova.com