Manuel Lara Coira


Data de Nacemento: En 1950
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

ESTUDOS E TÍTULOS PROFESIONAIS:
1979. Diplomado en Seguridade e Hixiene do Traballo, Ministerio de Sanidade e Seguridade Social.
1980. Enxeñeiro Industrial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de San Sebastián.
1988. Diplomado en Enxeñería Ambiental, Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria.
2002. Diplomado en Enxeñería Pericial e Forense, Escola de Práctica Xurídica, Universidade de Santiago.
2006. Doutor Enxeñeiro Industrial pola Universidade da Coruña.

ACTIVIDADE ACTUAL:
Profesor na Universidade da Coruña, con docencia nas materias Planificación Enerxética e Enxeñería do Gas, impartidas na Escola Politécnica Superior de Ferrol (desde 1996).
Profesor responsable do curso Deseño e Construción en Proxectos de Aproveitamento de Recursos Naturais, do Programa de Doutorado en Enxeñería Industrial da Universidade da Coruña (desde 2006).

 Obras realizadas

EXPERIENCIA PROFESIONAL:
1979-1982: Exercicio libre da profesión como enxeñeiro industrial.
1982-1985: Director Técnico de "Gestión Energética de Galicia, S.A." (GESTENGA).
1985-1996: Director-Xerente de "Gestión Energética de Galicia, S.A." (GESTENGA)
1996-1997: Enxeñeiro de proxecto na empresa "Ingeniería, Dirección de Obra y Montajes" (IDOM).
1997-1998: Xefe de proxecto na división de enerxía da empresa “G.O.C., S.A.”.
1997-1999: Xefe de proxecto na división de gas da empresa "Gauzón Ibérica, S.L.".
1998-2001: Responsable da división de recursos eólicos na empresa “Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A.”.
2002-2007: Colaborador na área de enxeñería do gas da empresa “Impel Telecom, S.A.” (IMPEL).
2002-2008: Colaborador na área de enerxía eólica da empresa “Det Norske Veritas España, S.L.” (DNV).

OUTRAS ACTIVIDADES RELEVANTES:
- Vogal da Federación Europea de Axencias Rexionais de Enerxía e Medio Ambiente (FEDARENE) (1993-1995).
- Membro do equipo realizador dos informes sobre a economía galega no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) (1995-1997).
- Vicepresidente da xunta rectora e presidente do Comité Operativo de Planificación Enerxética Rexional e Urbana do Foro Atlántico Enerxético (1994).
- Vogal na Comisión de Aforro, Diversificación e Enerxías Renovables (CADER) e representante da Comunidade Autónoma de Galicia na Comisión de Enerxías Renovables da Conferencia Sectorial de Industria e Enerxía do Ministerio de Industria e Enerxía (1983-1988).
- Membro asociado da "Asociación para la Investigación y Diagnosis de la Energía" (AEDIE).
- Membro do Comité Técnico do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) para o asesoramento en prediagnósticos e auditorías en diversificación e aforro (Programa PADA) (1984-1988).
- Vogal na Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), como representante do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (1988-1990).
- Vogal do Padroado da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) en representación da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (2002-2005).
- Secretario do Padroado da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) en representación da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (2002-2003).
- Secretario do consello directivo da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) en representación da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (2002-2003).
- Delegado en Santiago de Compostela do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia nos mandatos 1986-1989, xaneiro a maio de 1990, 2002-2005 e 2006-2009.
- Colaborador, como asesor experto no subsector das enerxías renovables, na realización do informe sectorial de prospectiva sobre tecnoloxías de aproveitamento de recursos renovables, preparado polo Observatorio de Prospectiva Tecnolóxica Industrial (OPTI) do Ministerio de Industria e Enerxía (1998-1999).
- Membro do Consello Técnico e Científico da Agência Regional de Energia e Ambiente do Vale do Lima (AreaLima), establecida en Ponte de Lima, Portugal (2000-2002).
- Membro do Consello de Departamento de Construcións Navais da Universidade da Coruña (1996-2001).
- Membro do Consello de Departamento de Enxeñería Industrial II da Universidade da Coruña (desde 2001).
- Membro da xunta da Escola Politécnica Superior de Ferrol, Universidade da Coruña (1996-2005).
- Membro do claustro da Universidade da Coruña (2002-2006).
- Vogal da Comisión de Proxectos Fin de Carreira de Enxeñería Industrial da Escola Politécnica Superior de Ferrol, Universidade da Coruña (desde 1999).
- Vogal do Xurado de Expropiación de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia (desde 2006).
- Vogal do consello de redacción, do consello asesor e do consello de administración da Revista Dyna, Órgano Oficial da Federación de Asociacións de Enxeñeiros Industriais de España (desde 2007).
- Presidente de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial (desde 2008).

EXPERIENCIA NO SECTOR HIDROELÉCTRICO:
- Participación desde 1983 nun cento de proxectos de pequenas centrais hidroeléctricas, con potencias instaladas desde 18 kW (San Jorge - A Coruña) a 13.210 kW (San Xusto - Pontevedra) e un total de 219 MW.
- Dirección técnica do Plan de Minicentrais Hidroeléctricas de Galicia (256 MW) para a Xunta de Galicia (1985-1989).

EXPERIENCIA NO SECTOR EÓLICO:
- Participación desde 1986 en noventa e un proxectos de parques eólicos, con potencias instaladas desde 200 kW (Aguatona - Gran Canaria) a 49,8 MW (Monte Piquiño - Pontevedra) e un total de 2.448 MW.
- Dirección técnica do Plan Eólico de Galicia (5.800 MW) para a Xunta de Galicia (1995).
- Dirección técnica do Plan Eólico de Castela e León (6.000 MW) para a Xunta de Castela e León (1998-2000).

EXPERIENCIA NO SECTOR DA ENERXÍA SOLAR:
- Participación desde 1988 en trinta e catro proxectos de plantas fotovoltaicas, con potencias instaladas desde 3 kW (Ons - Pontevedra) a 2,14 MW (Ardales - Málaga) e un total de 3,48 MW.

EXPERIENCIA NO SECTOR DE ENERXÍA DA BIOMASA:
- Participación desde 1987 en diversos estudos e proxectos, destacando as coxeneracións con biomasa de “Monte do Soto”, con 50 kW (Ribadumia - Pontevedra, 1988) e “Allarluz”, con 2,4 MW (Allariz - Ourense, 1996).

OUTRA EXPERIENCIA SIGNIFICATIVA NO SECTOR ENERXÉTICO:
- Responsable da Dirección Facultativa na construción das instalacións de descarga, almacenamento e regasificación da planta de gas natural licuado en Mugardos (A Coruña), de setembro 2003 a outubro 2007.
- Participación no informe sectorial de prospectiva de tecnoloxías de aproveitamento de recursos renovables, do Observatorio de Prospectiva Tecnolóxica Industrial do Ministerio de Industria e Enerxía (1998-1999).
- Colaboración e asesoría técnica ó Ministerio Irlandés de Transporte, Enerxía e Comunicacións no seu estudo sobre a formulación e desenvolvemento do plan español de enerxías renovables (1995-1996).
- Coordinación xeral e supervisión dos aspectos particulares dos recursos renovables do Plan Enerxético de Galicia, 1995-2010, para a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia (1995).
- Dirección da área de Galicia do proxecto “Atlantean” (Energy Planning in the Atlantic Regions) para a planificación enerxética e o desenvolvemento dos recursos renovables no ámbito rexional, realizado conxuntamente polas rexións de Bretaña (Francia), Connacht (Irlanda) e Galicia (España) co patrocinio e soporte económico da Dirección Xeral de Enerxía da Comisión das Comunidades Europeas (1993-1995).

 Outros datos de interese

PRINCIPAIS PUBLICACIÓNS:
1990. “Las energías renovables y Galicia”.
1990. “El estudio de impacto ambiental en los proyectos de aprovechamientos hidroeléctricos”.
1994. “The Status of the Wind Industry in Spain”.
1995. “O sector eléctrico en Galicia”.
1996. “Evolución de las alternativas energéticas y su entorno industrial”.
1996. “El sector energético gallego”.
2001. “El régimen especial de producción de electricidad en España”.
2002. “Cien años de energía en España”.
2003. “Los recursos energéticos en Galicia: Pasado y perspectivas de futuro”.
2005. “La necesidad del debate energético”.
2007. “Escenario energético mundial”.
2008. “La recuperación del patrimonio industrial: el futuro de nuestro pasado”.