Ramón Cabanillas Enríquez


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 3 de xuño de 1876 (†9 de novembro de 1959)
Lugar de Nacemento: Fefiñans-Cambados (Pontevedra)
 Currículum

Na súa vila natal e no seminario de Compostela cursou estudios ata os dezasete anos. Logo, outra vez en Cambados, traballou na burocracia local primeiro na notaría e logo como oficial do Concello. Durante todos eses anos completou a súa formación literaria lendo todo canto caía nas súas mans. Con trinta e catro anos e xa casado con Eudoxia Álvarez embarcou para Cuba. Na Habana traballou de administrador do Teatro Nacional, que rexentaba o Centro Galego. Alí entrou en contacto coa intelectualidade galeguista que estaba na emigración e na prensa da capital cubana comezou a darse a coñecer como poeta galego. De volta en Cambados reintégrase ó seu traballo na burocracia municipal nos anos da radicalización do movemento agrario. Mantén estreita colaboración coas Irmandades da Fala e co seu fundador Antón Vilar Ponte, e colabora no órgano periodístico das Irmandades: A Nosa Terra. En 1920 ingresou na Real Academia Galega, lendo o discurso titulado A saudade nos poetas galegos. En 1929, coa lectura dun discurso sobre Eduardo Pondal, Cabanillas ingresa na Real Academia Española e traslada a súa residencia a Madrid, onde o sorprende o inicio da Guerra Civil. Asediada a cidade polas tropas insurrectas, o poeta pasou a Valencia, onde fixo tertulia con Castelao e outros galegos. Rematada a guerra, volveu a Madrid.

 Obras realizadas

POESÍA No ano 1913 sae na Habana o seu primeiro libro, No desterro, que foi prologado por Basilio Álvarez e dous anos máis tarde Vento Mareiro. En Vilagarcía, no ano 1917, publícase Da terra asoballada, no que abundan as composicións combativas, na liña das reivindicacións agrarias e dos principios sustentados polas Irmandades da Fala. O bendito San Amaro (Mondariz,1926); Na noite estrelecida (Mondariz,1926); A rosa de cen follas (Mondariz,1927) subtitulado Breviario dun amor está consagrado enteiramente á temática amorosa; Camiños no tempo (Santiago,1949) reúne os textos narrativos do autor; manuel (Lugo,1954); Versos de Alleas terras e de tempos idos (Santiago,1955) contén traduccións ou paráfrases de textos poéticos ou modernos.; Samos (Vigo,1958) é un poema épico-didáctico que canta a historia e as horas da vida comunal na abadía benedictina daquel nome. TEATRO Ramón Cabanillas compuxo dúas pezas teatrais, unha de asunto contemporáneo, en prosa,?A man da Santiña? (1921), que é unha comedia de asunto amoroso que se desenvolve nun ambiente de clase alta e outra histórica, en verso?O Mariscal? (1926). PROSA Aínda que a súa obra é fundamentalmente poética, Cabanillas deixou algúns escritos en prosa como A Saudade nos poetas galegos (1920), aínda que o máis importante é o titulado Antífona da cantiga (1951), que rexentaba o Centro Galego. Alí entrou en contacto coa intelectualidade galeguista que estaba na emigración e na prensa da capital cubana comezou a darse a coñecer como poeta galego. De volta en Cambados reintégrase ó seu traballo na burocracia municipal nos anos da radicalización do movemento agrario. Mantén estreita colaboración coas Irmandades da Fala e co seu fundador Antón Vilar Ponte, e colabora no órgano periodístico das Irmandades: A Nosa Terra. En 1920 ingresou na Real Academia Galega, lendo o discurso titulado A saudade nos poetas galegos.