Jaime Delgado Gómez


Categoría: Arqueólogo, escritor e profesor
Data de Nacemento: 14 de maio de 1933 (†13 de setembro de 2012)
Lugar de Nacemento: Castelo - Taboada (Lugo)
 Currículum

Estudiou no Seminario de Lugo. Sacerdote dende o 22 de Abril de 1958. Profesor e formador no Seminario de Lugo de 1958 a 1981. Capelán no Hospital Xeral-Calde (1981-1998). Licenciado en Arqueoloxía Cristiá en Roma, onde culmina tamén os estudios do doutoramento. A súa tese doutoral, "El Complejo de Temes" xa publicada. Comisario Provincial do Patrimonio Artístico, Arqueolóxico e Histórico de Lugo (25-I-83 a 5-III-87). Asesor Cultural da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo (5-III-87 a 15-IV-92). Colaborou na redacción e elaboración do Inventario Arquitectónico de Lugo e a súa Provincia. Foi membro do "Grupo Francisco de Moure de Ourense". Asesor Cultural do Consello de Fábrica da Catedral Lucense. Foi membro da Comisión Diocesana de Lugo de Arte Sacro e Patrimonio.

 Obras realizadas

LIBROS PUBLICADOS: -La crucifixión de la Iglesia de Hospital de Incio. Una muestra de arte indígena paleocristiano de Galicia. (Estudio histórico-iconográfico), A Coruña, 1987. -Aspectos del Mundo Romano del que salió nuestro Lucus, Lugo, 1993. -El Camino Francés de Santiago en su tramo lucense, A Coruña, 1993. -El complejo de Temes. Los documentos cristianos, iconográfico uno y epigráfico otro, más antiguos de Galicia; A Coruña, 1997. -Una gran joya en piedra. El pétreo retablo de San Esteban de Ribas de Sil; Ourense, 1999. -Sta. María de Castelo (Taboada), en toda su historia, en su arte y en su antropología, A Coruña, 2000. -El Románico de Lugo y su provincia I; A Coruña, 1996./ Tomo II; 1999 / Tomo III; 2000/ Tomo IV, 2001 / y Tomo V.

 Outros datos de interese

Pasan dun centenar os artigos publicados en revistas especializadas e son xa máis de 300 os científico- periodísticos de divulgación cultural. Participou con investigación propia en once congresos, nacionais e internacionais. Leva pronunciadas en torno a 40 conferencias a asistentes de medio e alto nivel. Ten feito máis de 50 especializados informes a petición de Organismos Oficiais.

 

Recortes de prensa:

El progreso, 5/11/21