Adolfo Domínguez Otero


Pseudónimo:Fito Domínguez
Categoría: Músico
Data de Nacemento: 1 de maio de 1946 (†Setembro 2012)
Lugar de Nacemento: Teis, Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Cursou estudos primarios na escola pública, ata que por necesidade tivo que comezar a traballar aos 14 anos, o seu primeiro oficio foi de pasteleiro, logo como caldeireiro e na construcción. Posteriormente a esta etapa continuou co oficio da construción, alternando varias facetas. Logo viría a profesión coa que se sente máis identificado, a soldadura. Traballou no metal en Vulcano, Ascón... e foi aquí na construción naval, cando aparecería A Roda. Nesta época adoitábase cantar nos bares, tabernas e na propia zona de Fito, en Teis, este era un costume habitual que se desenvolvía con normalidade, de feito Fito xa cantaba con xente maior a el e xente que se reunía en grupos, feito cotián daquela. Esta circunstancia fixo que coñecera a quen tamén sería un amigo íntimo del, como foi o pintor Lodeiro, co que coincidía ademais de viños, en lugares onde se reunían os artistas. Foi entón cando neste alén taberneiro (como diría Fermín Bouza Brey) xurdiu A Roda, grazas a un trato cunha multinacional, historia xa coñecida por todos, e que non imos aquí a relatar. En toda esta etapa como artista na Roda Fito simultaneou os dous oficios, a construción naval e a música. Despois de varios discos, xiras, viaxes aos centros da emigración... "popularidade" (foi tamén nesta etapa cando deixou barba, é dicir hai 25 anos), Fito asume a dirección do grupo trala marcha de Luis Vaamonde, precisamente pola súa voz xa peculiar e coñecida, unha voz profunda e viril, varuda e barbuda. Así discorreron os anos na Roda, acadando o grupo cada vez máis sona. Por último, como feito significativo, debemos menciona-la voda de Fito no ano 2000, o que conduciría ao grupo A Roda, a unha nova dimensión, ou por dicilo doutro xeito, a un novo ronsel, o da profesionalidade e ao da calidade, feito propiciado e favorecido pola inclusión, participación activa (dirección tamén) da familia de Fito (muller e fillo) no grupo A RODA.