-Licenciado en Medicina e Cirurxía na Universidade de Valladolid en 1984. -Diplomado en Sanidade na Escola Nacional de Sanidade. -Master en Xestión e Administración Sanitaria na Universidade de Vigo. -Master en Medicina de Urxencias na Universidade de Salamanca. -Master en Drogodependencias e Sida. -Membro da Asociación Española de Educación para a Saúde "Alezeia". - Membro da Asociación Española de Médicos Escritores e Artistas "Asemexa". -Vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de Ourense (1995-99). -Coordinador médico do Centro de Saúde do Barco (Ourense) durante seis anos. -Responsable do programa municipal de prevención de drogas do Concello do Barco durante catro anos. -Representante do Colexio de Médicos de Ourense no Consello Municipal de Drogas de Ourense. -Membro fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural "Montouto" de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).
-Coautor de diversos libros de educación para a saúde. -Coautor de múltiples artigos e traballos en revistas médicas e de saúde. -Relator de múltiples cursos, conferencias e mesas redondas sobre alcoholismo, tabaco, drogas, sida, educación sexual, etc. -Membro do grupo de traballo para a elaboración de materiais didácticos para a prevención do consumo de drogas na escola da Xunta de Galicia. -Foi nomeado "barquense do ano" en 1993. -Autor de varios libros de poemas e pequenas obras teatrais.
-Deputado ó Congreso na sétima lexislatura. -Vocal da Comisión de Sanidade e Consumo do Congreso dos Deputados. -Vocal da Comisión Mixta para o Problema das Drogas, Parlamento Español. -Vocal da Comisión de Medio Ambiente do Congreso dos Deputados. -Candidato á alcaldía do Barco polo Partido Popular nas elección municipais de 1999.