Estudiou Medicina en Santiago. Despois de realizar o doutorado perfeccionou os seus estudios na clínica do doutor Juan de Azúa en Madrid e na Clinique d’ Accouchement et Gynecologie Tarmer de París.
Estas son algunhas das súas obras máis importantes: Problemas sanitarios que plantea la emigración e inmigración en Galicia, Ensayo sobre los jardines de la infancia (Esquema tipológico, fisiológico y psíquico del párvulo), La tuberculosis en la escuela, Gómez Pereira, médico de cámara de Felipe II, etc. Ademais publicou algúns poemas galegos en prensa.
Ten unha rúa adicada na súa cidade natal.