Raimundo García


Pseudónimo:Borobó, Raimundo Lozano e J. Sierra
Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 10 de xullo de 1916 (†28 de agosto de 2003)
Lugar de Nacemento: Pontecesures (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e comezou a súa actividade xornalística en 1940, colaborando en El Español, La Estafeta Literaria, a revista Fantasía e o diario Madrid. Ademais, foi director de La Noche, o xornal de maior prestixio literario en Galicia, no que publicou os seus famosos “Anacos”, crónicas de temas variados baseados en feitos da vida real e temas de actualidade. En 1960 nomeárono director de El Correo Gallego e posteriormente trasladouse a Madrid como subdirector do diario económico 3 E. Ademais, foi redactor xefe e responsable de Documentación na Axencia Efe ata que se xubilou.

 Obras realizadas

Borobó escribiu numerosos artigos, comedias, narracións e guións para o cine como Xoán Porreás, Tina e La Piñeira, así como unha biografía da Bella Otero. Ademais, escribiu as obras Fantasma de Valle Inclán, Libro de tropiezos, Raíz mágica del primero de mayo, Primeiros anacos santiagueses, Pablo Iglesias, el gallego e Xan Pernas el burlador de diablos.

 Outros datos de interese

Foi membro da Real Academia Galega e recibiu o Premio “Julio Camba” de Xornalismo e o Premio Pedrón de Ouro.