Profesor Mercantil, Xestor Administrativo. Foi alcalde de Lourenzá pasando a primeiro Tenente Alcalde por incompatibilidade ó ser Deputado no Parlamento Galego polo Partido Popular. Foi presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense dende a súa fundación, ata a súa xubilación. Presidente durante as dúas lexislaturas que estivo no Parlamento da Comisión da Compañía de RTVG e membro da Comisión de Pesca, da de Agricultura e Consello de Contas. Foi tamén membro fundador da FEGAMP e do Consello Federal.
Como alcalde fixo, entre outras moitas obras, o Mercado gandeiro, a Piscina, o Campo de Fútbol, o Centro de Saúde, o Polideportivo, Centros Cívicos, iniciación da reforma da Casa do Concello... Formou moitas Comisións para conseguir infraestructuras na Mariña e apoio ós sectores productivos.