Mª Inés Abad Lamas


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 3 de marzo de 1975
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Iniciou a súa traxectoria artística en 1991 dentro dun obradoiro de pintura. Ó ano seguinte incorporouse á Escola de Artes Plásticas Mestre Mateo, estudiando Decoración e Arte Publicitario (especialidade Deseño de Interiores). Ademais, estudiou Deseño Gráfico e Marketing en Madrid. Exerce a docencia no campo do Debuxo Artístico, Pintura, Escaparatismo e Merchandising e elabora a imaxe corporativa de empresas que se introducen no mercado. Participa en certames de Artes Plásticas e desde 1995 ata a actualidade ten realizado exposicións individuais e colectivas por toda Galicia. Actualmente ten solicitada na Consellería de Familia as salas para realizar unha exposición.

 Obras realizadas

Realizou as seguintes obras: “A Cascada” Ponte Maceira (Hostal dos Reis Católicos), “O camiñante”, Hotel Husa (Santiago de Compostela), imaxe corporativa dunha empresa de azafatas e de DIUDE Perruquerías. Donou varias obras para a axuda do sinistro do Prestige (exposición no Edificio Unión Fenosa, A Coruña) e participou no décimo terceiro Certame de Artes Plásticas e nos obradoiros ofrecidos no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago como oínte.

 Outros datos de interese

A temática dos seus cadros van nunha dirección moi intimista, que mestura a marxe do físico real que nos rodea e o que a emoción fai enlazar cun significado sentimental que faga que quizais trascenda nunha abstracción, pero moi coidada na súa expresión.