Licenciado en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e en Xornalismo pola Universidad de Navarra, é profesor asociado de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Realizou prácticas en ‘La Voz de Galicia’, colaborou con La Región e fixo colaboracións de prensa para Roberto Verino. Traballou en ‘Televisión de Galicia’, dende o nacemento desa televisión, o 25 de xullo de 1985, ata outubro de 1987. Nesa data ingresa en TVE, no Centro Territorial de Galicia, onde foi xefe de Programas e Informativos.
Guionizou e dirixiu o documental ‘Carrilanos, os túneles dun tempo’ sobre a construcción do ferrocarril entre Puebla de Sanabria e Ourense, un dos máis difíciles de construír en toda España. Mereceu a mención especial do Xurado do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, o Primeiro Premio de Xornalismo ‘Xosé Aurelio Carracedo’, o Premio de Comunicación ‘Francisco de Cossío’ de Castela e León e o Premio Galicia de Comunicación 2004 ó mellor labor de comunicación en televisión.
Sobre o mesmo tema, e da autoría de Rafael Cid, Edicións Xerais acaba de publicar un libro e o DVD co documental.