É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía). É profesor titular no departamento de Didáctica e Organización Escolar, secretario e coordinador dos programas de doutoramento do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela. Ten impartido docencia en materias relacionadas coas súas 3 liñas básicas de investigación: A organización escolar, as técnicas de grupo en educación e a análise da comunicación didáctica.
É autor do libro: La Comunicación relacional y la interacción profesor-alumno (Granada, 1999). Tamén é autor de varios capítulos de libros: "Dinámica de grupos y animación sociocultural: Orientaciones para la intervención del animador" en Fundamentos de Animación Sociocultural (Madrid, 1985), en colaboración con Zabalza, M. A. :"La comunicación en las instituciones escolares" en Organizaciones Educativas (Madrid, 1989). Publicou artigos en revistas nacionais e estranxeiras, participou en congresos con textos relacionados coas súas 3 liñas básicas de especialización.
Conseguiu o premio extraordinario de licenciatura (curso 1981-82) e o premio extraordinario de doutoramento (curso 1997-98). Ocupou o cargo de secretario da sección de Pedagoxía da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela desde 1988 ata 1994.