É licenciado en Xeografía e Historia (1993), especialidade de Historia Moderna, na Universidade de Santiago de Compostela obtendo o premio fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia. Fixo o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2001 obtendo o premio extraordinario de doutoramento da universidade. No ano 2000, foi convidado polo Instituto de Ciencias Sociais da Universidade de Lisboa en calidade de investigador visitante e no 2002 polo departamento de Historia Escocesa da Universidade de Edimburgo en calidade de "Postdoctoral Fellow". Participou en congresos internacionais en Bruxas (Bélxica), Lisboa (Portugal) e Berlín (Alemaña). Despois de traballar na Universidade de Santiago de Compostela (1995-2000) incorporouse como científico contratado do CSIC no Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento" no ano 2002.
É autor dos libros Os devanceiros dos pazos (Santiago, Sotelo Blanco, 1997) e A Filoloxía Galega ante a crise do antigo réxime, 1812-1868 (Santiago, 3C3, no prelo). Ten publicado ó redor de 50 traballos de investigación (capítulos de libros de obras colectivas e artigos especializados en revistas galegas, españolas e portuguesas) e de divulgación (principalmente recensións e reseñas bibliográficas).
O campo da investigación histórica no que desenvolveu os seus estudios é o da Filoloxía Galega, desde a súa xénese no século XVI ata a súa crise socioeconómica e de identidade na segunda metade do século XIX. En 1996 gañou o III premio Vicente Risco de Antropoloxía e Ciencias Sociais.