Xosé Luís Moar Rivera


Pseudónimo:Moar
Categoría: Fotógrafo e documentalista
Data de Nacemento: 5 de Outubro de 1946
Lugar de Nacemento: Viveiro
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Fotógrafo, casado, ten unha filla; na súa xuventude foi o operador do cine "Orfeo" de Viveiro. Contacta co cine profesional nos anos 60, durante a rodaxe de Fuego de Julio Coll. Colabora co equipo de Filmación na revisión das tomas. A mediados dos 60 trasládase á Coruña, remata estudios de Maxisterio e elabora un proxecto de utilización do cine no ensino. O Instituto de Ciencias da Educación da Universidade Santiaguesa destínao a un centro piloto de ensino para desenvolvelo. Funda o grupo cinematográfico "Raiola" no ano 1973 dirixindo múltiples documentais. A dirección xeral de cinematografía selecciónao para impartir a "Campaña de Iniciación al Cine para Niños y Jóvenes". Tamén da cursos de imaxe a profesores desde o ano 1975. No ano 1982 comeza a traballar en formato vídeo realizando documentais educativos. No 1985 pasa a traballar nun Centro de Recursos da Consellería de Educación na Coruña. Cursa estudios de realización e postproducción videográfica no madrileño C.E.V. da rúa Regueros. Asiste a múltiples cursos oficiais de comunicación audiovisual. De outubro do 1981 a xuño do 1982 participa nun curso sobre tecnoloxía fílmica e televisiva (Univ. de Santiago) con Vicente Aranda. Traballa como documentalista videográfico e fotógrafo "free lance".

 Obras realizadas

OBRAS CINEMATOGRÁFICAS: -A rapa de Candaoso. -O desastre do Urquiola. -Como se fan unhas zocas. -A semana Santa en Viveiro. -O día das Letras Galegas en Sada. -As Palilleiras . -Estampas Sadenses. -Escola Fogar. -Así es mi colegio. OBRAS VIDEOGRÁFICAS: -A Cría de Coellos. -Salvamento no mar (Serie). -A música no Preescolar. -A Fonte de Castelao. -Galope Jets (Videoclip-Publicitario). -O Neno Viaxeiro (Educ. Vial). -Educación Especial (Serie). -Certame Internacional de Panxoliñas (TV. Directo). -Xogos Populares Galegos (Serie). -Formou parte do seminario que elaborou o deseño da Escola de Imaxe e Son da Coruña. -Foi realizador de programas de TV en directo (Tódalas edicións do Certame de Panxoliñas). -Diapositivas súas ilustran carteis, trípticos, programas (Semana Santa de Viveiro, Feira Artesanía, etc...)

 Outros datos de interese

-É membro do Instituto de Estudios Viveirenses, (Responsable do departamento de Imaxe e Son). -1º Premio de Fotografía Mariña (O Barqueiro- Mañón) Primeira Edición. - Na actualidade é Asesor Técnico da Secretaría Xeral da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, desenvolvendo a súa actividade no MU.PE.GA. (Museo Pedagóxico de Galicia) dentro do departamento de Documentación e Recursos, onde, como especialista en Comunicación Audiovisual, é o máximo responsable.