Ángel García Sanz


Categoría: Veterinario e escritor
Data de Nacemento: 6 de abril de 1922
Lugar de Nacemento: Madrid
 Currículum

É veterinario titular en Mondoñedo. Catedrático de Instituto, diplomado en Sanidade Nacional, diplomado en Inseminación Artificial Gandeira, diplomado en Cirurxía e Esterilidade Gandeira.

 Obras realizadas

Publicou diversos traballos científicos e é colaborador da revista "Lucus" (Deputación Provincial de Lugo). Participou en numerosos congresos con relatorios sobre gandería galega en representación do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España. Entre as numerosas conferencias pronunciadas sobre gandería figuran: "Los montes de Galicia y a Rapa das Bestas". Entre os libros publicados podemos destacar: La cesárea en la vaca, cerda oveja y cabra, Cirugía más frecuente en ganado vacuno, Ante-parto, parto y post-parto en vaca, Solución quirúrgica al prolapso de vagina en bóvidos "Operación Foz", Andanzas y anécdotas de un veterinario e plantas curadoras en el Camino de Santiago comunes al hombre y ganado (distribuído pola Deputación Provincial de Lugo).

 Outros datos de interese

Foi galardoado coa medalla ó Mérito Agrícola.