Pirula Expósito Dopico


Categoría: Actriz
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realizou estudios de interpretación teatral (infantil e xuvenil) en anos escolares, un curso de Psicodrama no taller de teatro da Asociación Cultural ‘Alexandre Bóveda’, un obradoiro de teatro do Forum Metropolitano, estudos de arte dramático en Casahamlet (impartidos por Manuel Lourenzo), expresividade corporal, teatro clásico e contemporáneo, voz, dición, respiración e declamación, teatro grego, comedia dell’arte, etc…

 Obras realizadas

En televisión realizou diversos spots publicitarios, episodios en series da TVG e Antena3 e colaboracións en programas de ‘cámara oculta’ da TVG. No cine traballou nas seguintes curtametraxes: ‘El Doce’, (proxecto premiado co 1º premio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia) dirixido por Marta Rey; ‘Alex y yo’, dirixida por Pedro Santos para Formato Vídeo Producciones e ‘Sólo por ahí’, dirixida por Julia Boedo.
Participou nas seguintes obras de teatro: ‘O amante póstumo’ de Manuel Lourenzo, ‘Flora e María’ de Xesús Pisón, dirixida por Xavier Castiñeiras, ‘Ensonos anónimos’ dirixida por Xavier Castiñeiras, ‘A pousadeira’ de Carlo Goldoni, dirixida por Xavier Castiñeiras, ‘Se alquila apartamento’, ‘Doutor Meléndrez, dedos de ouro’ do obradoiro de teatro da Asociación Cultural ‘Alexandre Bóveda’, ‘Andrómaca’ na comedia musical ‘Ulises o grego’ dirixida por Lino Braxe, ‘La Gran Ganga’ e recitais de poesía, café teatro, teatro na rúa, etc... en locais da Coruña.

 Outros datos de interese

Fala castelán e galego. Posúe o título da Escola Oficial de Idiomas da Coruña (Ciclo superior).