Celia Alegre Maceira


Data de Nacemento: 10 de abril de 1973
Lugar de Nacemento: Vedra (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

Especialidade en Historia Moderna no período 1992-1997.

Especialidade en Historia Contemporánea no período 1999-2000.

Técnico en Relacións Públicas pola Xunta de Galicia en 1997.

Curso de Aptitude Pedagóxica (1997-1998) polo ICE (Instituto de Ciencias da Educación) da Universidade de Santiago de Compostela.

Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela: “Economía e sociedade nas épocas Medieval e Moderna”, no bienio 1997-1999.

Master en Arquivística pola UNED no curso académico 2001-2002.

Máster en Organización e Xestión da Información Documental, pola Universitat Jaume I de Castellón no curso académico 2002-2003.

Máster en Marketing Político: “Estratexias e comunicación política”, USC. Curso 2008-2009.

 Obras realizadas

EXPERIENCIA PROFESIONAL:

XESTIÓN DE BIBLIOTECAS:

Catalogación do fondo de autores galegos do Consello da Cultura Galega en 1999.

Bibliotecaria da Fundación Granell de Santiago de Compostela en 2001.

Biblioteca auxiliar da Secretaría xeral de Política Lingüística (2006-2009)

 

XESTIÓN DE ARQUIVOS:

Arquivo Xeral da Xunta de Galicia en 2000.

Dirección xeral de Política Lingüística en 2001.

Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela en 2002.

Arquivo Central da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2002 a 2005.

Arquivo da Secretaría xeral de Turismo (2009-2010)

 

XESTIÓN DOCUMENTAL:

Documentalista da Secretaría xeral de Política Lingüística entre os anos 2006 e 2009. Posta en marcha dun centro de documentación lingüística.

Dirección do proxecto de identificación e valoración de series documentais do Arquivo Xeral da Xunta de Galicia (2010-2011)

 

COMUNICACIÓN:

Comunicación corporativa da área de Cultura do Concello de Vedra (2009-2010)

 

RELACIÓNS PÚBLICAS:

Participación en diversas actividades organizadas pola Comisión do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela (1995-1996)

Organización, montaxe e posterior atención ao público na exposición “Memoria da emigración”, Vedra (2000)

Xestión do proxecto cultural de conmemoración do centenario das sociedades de emigrantes de Vedra en Bos Aires (2010 en Vedra e Bos Aires).

 Outros datos de interese

OUTROS MÉRITOS:

Autora da publicación “Dar e concordar na Ulla do século XVIII”, editada pola Deputación Provincial da Coruña en 2009.

Coordinación e tradución da publicación “De Santa Baia a Vilanova. Antonio López Ferreiro en Vedra”, editado polo concello de Vedra en 2010.

Coordinadora e documentalista da publicación “Proceso migratorio e sociedades de emigrantes de Vedra. A viaxe cara a modernidade”, publicada pola Deputación Provincial da Coruña en 2010.

Documentación, guionización e deseño expositivo da exposición “Para saber de Nós”, producida polo concello de Vedra en 2010.